Os golfiños e o xigante
Os golfiños e o xigante é o nome do texto teatral co que Inacio Vilariño resultou gañador do Premio Barriga Verde para textos de teatro de títeres para público infantil.

Os golfiños e o xigante é o nome do texto teatral co que Inacio Vilariño resultou gañador do Premio Barriga Verde para textos de teatro de títeres para público infantil.
Contacreques é un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 e 7 anos.
É unha peza de creación propia con textos de Ricardo Combi, baseados nos contos clásicos: O reiseñor, Garvanciño, O zapateiro e os trasnos.
O reiseñor: na remota China, o canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador.
Garvanciño: as peripecias dun minúsculo personaxe nun mundo de "xigantes".
Elenco artístico de Elefante Elegante:
Gonçalo Guerreiro e María Torres
Que aconteceria se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que se fai o espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan.
ELE ( Elena Iturrieta) presentando o seu primeiro traballo denominado " Summer Rain". Un concerto de soul e blues, con aires de folk americano, na compaña da súa banda e o coro gospel. Unha delicia para todolos públicos
Dirección: Iván Prado
Elenco: Saleta Torres e Fran Rei
Dirección: Cristina Domínguez
Autor: Cándido Pazó
Elenco: Susana Dans, Casilda Alfaro, Mónica Camaño e Rocio González
Dirección: José Carlos García
Elenco: Jorge Cruz, Nadia Santos e Tiago Viegas
É Edipo o marido da súa propia nai ou o fillo da súa muller?
E os seus fillos? Serían eles tamén os seus irmáns, fillos da súa muller ou sería a súa muller a avoa dos seus propios fillos?
E, aínda máis, sería Creonte o seu tío? Ou talvez o seu cuñado?
Reinventado e sen complexos, Edipo, a nova creación da Companhia do Chapitô.
Lafayette Show é un espectáculo de maxia con comedia e humor adicado a público familiar. Un espectáculo onde un só artista interpreta todos os personaxes que saen a escena.
Combina o encanto da maxia e o ilusionismo co teatro, a comedia, a interpretación, a música, a danza, a hipnose, o mentalismo e unha mestura de artes afins. Este show, pensado para público de todas as idades, mostra con grandes doses de humor e teatro o lado máis espectacular e fascinante da maxia.
Carmen Penim presenta con Herdeiras un traballo único, que une música, poesía e danza e audiovisual en torno ó tema da memoria das mulleres. Unha valente aposta pola identidade feminina e o rescate de valores como a solidariedade, a conciencia histórica e a reconciliación. Pero a pesar da temática, lonxe de ser un concerto triste, é dunha grande intensidade, vitalidade e emoción. Un verdadeiro camiño dende a escuridade ata a luz. Catarse e esperanza envoltos na mellor música interpretada principalmente por mulleres.
Ela é a nova proposta de Caramuxo Teatro para tódolos públicos. Recrea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruxa Mallo.
Unha mestura de poesía, humor,teatro e danza onde descubrir o imaxinario desa muller excepcional. Un poema plástico para gozar en familia.
Dirección: Juan Rodríguez e Laura Sarasola
Elenco: Juan Rodríguez, Laura Sarasola e Suso Jalda