Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Matrioskas

Elenco: Marta Ortiz e Sofia Espiñeira

Dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres.

 

Todas feitas da mesma madeira.

Todas vestidas de cores.

Todas elas, grandes e pequenas, con historias para contar e cos desexos agochados no ventre.

 

Galego

Unhas gafas para o avó

Laura é unha nena moi inquieta que todo o tempo anda á procura de aventuras que vivir. No xardín da súa casa xoga ó seu xogo favorito: Soñar cos ollos abertos. Desta maneira pode explorar mundos lonxanos inimaxinables construídos dende a súa atolada imaxinación. Un día sente curiosidade polas gafas do seu avó; como se verá a través delas? O que comeza sendo unha pequena trasnada acaba por convertirse na maior de tódalas aventuras.

Galego

Lila Star

Lila Star é unha artista branca con alma de negra, criada no seo dunha familia de acróbatas de circo clásico, apaixonada da purpurina e obsesionada coa cor morada; que se confesa adicta ás berenxenas e que forma parte do clube de fans de Deep Purple, Violeta Parra e, case case, de Pink Floyd.

 Espectáculo de Beatriz Rubio distribuído por Pistacatro Produtora de Soños
 

Galego

Concerto singular

Elenco artístico: Félix Rodríguez, Pepe Varela, Diego Rosal e Pablo Cabanelas

Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Galego

O cinematomago

Un cinematógrafo é un aparato que permite proxectar imaxes creando unha sensación de movemento, e un mago é unha persoa que ten a capacidade de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes sobrenaturais. O cinematomago é esa personaxe que converte esas imaxes en movemento en maxia.

Galego

El tesoro de Barracuda

Nesta tarde de teatro, que tal un  paseíño en barco? E unha historia de piratas?

Esta historia é a do capitán  Barracuda e os seus piratas, de illas remotas, de tesouros que son libros e de libros que son un tesouro. Viaxaremos polo Caribe, atravesaremos tormentas, enfrontarémonos a  truáns, bailaremos en festas e durmiremos baixo as estrelas.

Galego

O lobo e a lúa

Premio Barriga Verde de Textos de Teatro de Monicreques 2014.

Había unha vez un pequeno lobo que vivía no Prado Azul e precisaba falar coa Lúa. Era moi importante o que lle tiña que dicir, mais como a lúa estaba moi lonxe non o escoitaba, así que o lobo tiña que ouvear. Cos seus berros non deixaba durmir a ninguén: nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado. No seu intento de falar coa lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non. No Prado Azul esta noite ninguén pode durmir!

Galego

Yllana 25

2016 foi un ano moi especial para Yllana. Cumpriron 25 anos! E celebrárono como mellor saben facelo, cun novo espectáculo: Yllana 25, que foi estreado no MIM de Sueca e no FIOT de Carballo.

Un desternillante repaso sobre o escenario dos mellores momentos da traxectoria da mellor compañía de humor dos últimos; cunha selección dos mellores 25 sketches dos seus espectáculos.

Un esmendrellante show que fará realidade o desexo dos fans de Yllana de gozar nun mesmo espectáculo dos gags que máis lles gustaron.

Let’s rock! Let’s Yllana!

Galego

Manar. A derradeira caravana

Manar: Sabela Hermida
Laúd: Hames Bitar
Percusión: Luís Taberna
Voces en off: Ana Abarquero, Manuela Varela e Lino Braxe
 
Manar, é un nome árabe de muller que, dende o poderío da súa sonoridade, invítanos a penetrar na vida da protagonista, a través da interpretación das diferentes etapas vitáis e emocións da súa existencia, a través da poesía, da música e da danza, elementos que enfatízan a expresión das diferentes realidades polas que transita a nosa protagonista.

Galego

O faiado

Elenco: Sofia Espiñeira, Roberto Casal e Fredi Muíño

Dirección: José Luis Baños de Cos

Sinopse: Vera, Roi e Anxo son tres irmáns con xeitos moi diferentes de ver o mundo. Tras un acontecemento familiar que pode cambiar o curso das súas vidas vense na necesidade de chegar a un acordo para o cal terán que confrontar os seus idearios. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles contou na sua infancia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios