Perplexo
Sinopse: Cres que sabes perfectamente quen es? Cres que sabes perfectamente quen son as persoas que están ao teu carón? A túa parella? O teu mellor amigo? A túa nai? Cres que sabes perfectamente o que está sucedendo ao teu redor? Cres que ti manexas a situación? Cres que es ti quen conformas a túa propia realidade? Que sabes perfectamente como é a túa vida? Que o teu fogar é teu e que tes un nome, unha tarxeta de crédito e unha póliza de seguros? Cres que tes certezas? Pero as certezas neste mundo son case unha utopía.

