Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

De Vacas

Son catro vacas. Catro vacas que rin e cantan. Presentan un espectáculo fresco como a auga dos regos. Disfrutan riba do escenario para que vós  disfrutedes.  Mistura de voces e guitarra, armonías que estimulan os sentidos. Veñen de facer unha xira mundial de máis de 120 concertos. Grandes festivais, sesións vermut ou verbenas. Encheron prazas e teatros. Gañaron premios, fixeron galas, bandas sonoras para programas de radio e televisión e músicas para anuncios publicitarios.

Galego

O tolleito de Inishmaan

Sinopse: podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxe curiosas, pintorescas, características, seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente illado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben.

Entre eles hai un tullido, un ser desfavorecido que ten unha ansia que para el parece extremadamente difícil: transcender ese ámbito preto que está obrigado a habitar; un discapacitado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro.

Galego

BB Circus

Elenco:

Sérxio Crespo Gómez, Joao Alvim e Araujo, Miriam Crespo Gómez

Asacocirco chega cunha proposta diferente no panorama dos espectáculos dirixidos ao público infantil. Unha aposta teatral baseada nas artes circenses e presentada con agarimo aos máis pequenos. Moitos estímulos, unha linguaxe simple, outro sentido do ritmo e tempo con música ao vivo e moitas sorpresas.

Galego

Sherlock Holmes

Sherlock Holmes é un espectáculo de teatro con comedia, maxia e moito humor. Un show dirixido a público familiar.

O famoso detective tentará resolver o misterioso roubo da mansión. Os feitos producíronse durante a noite na que a baronesa celebraba o seu aniversario. 

 

Que ninguén saia da casa! Todos son sospeitosos! O cociñeiro, o maiordomo, todos os convidados. A propia baronesa tamén é sospeitosa! Mesmo algún espectador do público podería ser o culpable...

 

Coa axuda do público Sherlock resolverá o caso. A duración do show é de 70 minutos.

.

Galego

Redondo

Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas.

Sinopse: A Mr. Round encántanlle todos os obxectos redondos, cada día sae á rúa en busca dos máis curiosos obxectos con forma esférica, obxectos que agochan dentro un faixe de historias por descubrir.

Elenco: Juan Rodríguez

 

Galego

Erori

Accións sinxelas e cotiás que derivan en acrobacias mediante golpes e caídas, contrastan con coreografías visuais de danza e malabar. O absurdo, o sinxelo e o universal está presente nas disparatadas rutinas de circo. Unha dramaturxia non lineal que cada espectador vivirá dunha forma única.

Elenco: Ariñe Arkue, Óscar Páez, Santiago Montero e Alejandro Costas

Galego

Fíos

Nominada aos Premios MAX 2013 por "mejor autoría teatral gallega".

Fíos é un espectáculo que fía palabras, tece contos, calceta historias e cose puntada a puntada cada nota de música.

Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos, unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda, coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de Fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios