Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Normas para saber vivir nunha sociedade moderna

Baixo a forma dun divertimento irónico escóndese a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a súa hipocrisía, fai imposible a sinceridade. Jean-Luc Lagarce escribiu en 1993 esta crítica a unha sociedade chea de regulamentos. Para iso, partiu dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente Baronesa Staffe (a autora era en realidade unha señora da alta burguesía francesa de provincias).

Galego

Son

O primeiro que se experimenta cando se crea é unha contundente sensación de ESTAR, de FACER SENDO. A mirada activa tamén é creativa, sinte, proxecta, respira. Aquí vimos a atoparnos os uns cos outros. Os que bailan, os que miran coa ABERTURA do viaxante, os extremos de diferentes pólas que descubren ao inclinarse cara a terra que os sostén, o tronco común e as infinitas raíces, que seguen medrando e cambiando, que fai que as pólas teñan que moverse pois as raíces seguen facéndoo e as pólas non poden quedar estáticas se queren conter vida.

Galego

Serendipia

No seu último espectáculo, Martín Varela realiza unha viaxe a través da arte da maxia baixo a súa propia experiencia, botando unha ollada ao pasado.Recóllese como se aficionou a esra arte, as súas primeiras probas e ensaios e chega ata a súa vidión de hoxe en día.

Galego

Mamá Cabra. A festa continúa

Mamá Cabra presenta un novo espectáculo en grande formato e no que fará un percorrido pola historia do grupo e das súas mellores cancións.
 Unha proposta diferente no que se amosará unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.

Mamá Cabra é o grupo de música infantil pioneiro na produción de espectáculos musicais pensados para o público infantil.
 Despois de 15 anos de historia, Mamá Cabra consolidouse como unha bandas de música infantil de referencia que reúne a miles de persoas  siareiras.

Galego

Ensaio sobre a cegueira

Ficha artística:
Autoría: José Saramago
Dirección e dramaturxia: Ánxeles Cuña
Cinematografía: Jorge Coira, Gaspar Broullón
Escenografía: Suso Montero
Iluminación: Baltasar Patiño
Caracterización: Raquel Fidalgo
Vestiario: Fina Calleja
Espazo sonoro: Renata Coda Fons
Elenco: Vicente Montoto, Fina Calleja, Sabela Gago, Jorge Casas, Fernando Dacosta, Elena Seijo, Nate Borrajo, Josito Porto e Xavier Estévez

Galego

Son galego, son cubano

O xoven e talentoso músico galego Roi Casal (arpista, compositor, cantante e director) foi premiado en 2014 na Habana co premio internacional Cubadisco. Alí ofreceu un memorable concerto no Palacio Nacional de Bellas Artes. Vencellouse ó mundo galego-cubano, e tomou contacto con institucións culturais e con personalidades da cultura. Camiñou, conversou, observou e quedou namorado da capital habaneira e do xeito de ser daquel pobo, alegre, cordial, solidario. Mantivo contactos moi frutíferos con músicos cubanos e en Cuba presenta un concerto coa estrea destes cantos galego-cubanos.

Galego

A canción do elefante

Un eminente psiquiatra desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer. A canción do elefante é un apaixonante thriller psicolóxico que manterá pegado na butaca ao espectador ata o seu desenlace.

Elenco: Guillermo Carbajo, Machi Salgado, Patricia Vázquez

Galego

A nena que quería navegar

Sinopse: A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos. 

Galego

Mentaliti

Trátase dun show familiar totalmente interactivo.

O mentalismo en clave de humor será o fío condutor. Escena, escapismo, e grandes ilusións terán tamén o seu protagonismo.

Realidade ou ilusión? cuestión da mente

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios