Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

La gallina de los huevos de oro

Gústavos o diñeiro? ... Moito?

Os granxeiros desta historia non perdían o tempo pensando no diñeiro e

sempre repartían o pouco que tiñan con quen máis o necesitaba, pero un

día unha galiña chegou á súa granxa e puxo un ovo de ouro.

Imaxínasvos se vos pasase a vós? ...

La gallina de los huevos de oro, fala da pobreza, a riqueza e a avaricia. Unha historia que conta que o diñeiro é un conto.

Galego

O servidor de dous amos

Talía Teatro presenta unha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro. Convertido no referente por excelencia da Commedia dell’Arte, atópase aquí unha reinvención da obra de Goldoni que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, pero que busca tamén incorporar novas formas de teatralidade.

Galego

Desconexión

Conexion é unha distopia,que aborda a dependencia de estar conectados sobre a que se construen neste tempo as nosas vidas,e pon de manifesto a necesidade-especialmente da infancia-de conectar co real:co entorno,co humano e cos sentidos que van máis alá das experiencias visuais e auditivas.

Galego

Pintamúsica!

De que trata Pintamúsica! ?
De achegar, aos máis pequenos, as artes escénicas e musicais a partir dunha experiencia vivencial onde a música e a visualidad das imaxes teñen un papel protagonista para captar a atención do espectador realizando un percorrido sensorial da man de tres pintamúsicos
Tres músicos, actores e cantantes son os encargados de guiar Pintamúsica!. Despois de presentarse e convidar os nenos e as súas familias para entrar na sala, iniciamos esta viaxe polas estacións do ano onde, para cada época temos unha cor, unha canción e uns instrumentos.

Galego

El mundo Lirondo

Spasmo presenta El Mundo Lirondo, unha viaxe que vos levará aos recunchos máis afastados do mundo e traeravos de volta a casa.

Os pequenos espectadores adquirirán dun xeito divertido e emocionante nocións básicas de xeografía, xentes e diferencias culturais, plantas e animais, e fundamentalmente, a importancia de respetar e coidar o medio ambiente.

Fai as maletas, colle o teu pasaporte e a túa cámara de fotos e prepárate para a maior e máis divertida aventura da túa vida.

 

Galego

La zanja

Autoria, dirección e elenco: Diego Lorca e Pako Merino

Miquel, técnico dunha multinacional mineira, chega a unha explotación da compañía en  Sudamérica. Alfredo (o alcalde) e a súa comunidade esperan a este novo descubridor. Prodúcese o reencontro de dous mundos e formas diferentes de entender a vida. As ambicións, oportunidades e consecuencias da implantación da mina marcan o futuro do pobo e as súas relacións entre veciños.

Galego

O libro da selva

Dirección Jorge Rey

Elenco: Jorge Rey e Carmen Domech

Sinopse: Na espesura da selva, o malvado tigre Sherekan, ataca a aldea dos homes. Mowgil un rapaciño escorregadizo escapa das poutas do tigre e busca refuxio na cova dos lobos, que pasarán a se converter na súa nova família, coa que vivirá divertidas experiencias até que se teña que enfrontar, cara a cara, con Sherekan

Galego

O agasallo de Anya

Sinopse: Anya e Xiana son dúas nenas que viven separadas por catro mil kilómetros, e unidas por todo o demáis: sentimentos, ilusións, proxectos, ansia de felicidade.

Neste espectáculo, as dúas protagonistas descubrirannos as razóns polas que os mellores agasallos non se reciben, danse.

Unha obra baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala que representamos con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios