Petit Cabaré Pistacatro
Petit Cabaré é un espectaculo realizado por tres artistas de Pistacatro que ofrecen ao espectador pequenos fragmentos showcase.

Petit Cabaré é un espectaculo realizado por tres artistas de Pistacatro que ofrecen ao espectador pequenos fragmentos showcase.
O Concerto PunkInfantil é a nova tolemia de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso. Unha proposta a medio camiño entre un espectáculo teatral e un musical.
O novo espectáculo de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso flúe empregando a música como fío condutor, onde a técnica musical e a técnica teatral combínanse abríndoas cara a novos estilos e públicos. Un espectáculo musical e de clown para todos vos públicos
Dous músicos que chegan por equivocación a un mesmo escenario coa intención de ofrecer un concerto. O primeiro, un concerto infantil. O segundo, un concerto punk.
Renato é un vello bibliotecario apaixonado dos libros e que ten como peculiaridade narrar os contos a través da música, o teatro de sombras, a maxia e mesmo os malabares.
Un día recibe a visita de Piruleta, un rapaz novo na vila. Xuntos vivirán mil aventuras que xamais esquecerán
Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd Brinca Vai!, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.
A fiestra dos soños é un concerto non para pequenas nin para adultas, simplemente para soñadoras. A fiestra dálle unidade e sentido ás historias que veñen despois, que funcionan de maneira independente, e do mesmo xeito, por seren os temas autónomos e ser a fiestra a que lles dá sentido, a propia fiestra abre unha porta para futuras posibles edicións de máis conxuntos de soños.
Tras o seu paso polo Luar, Aldaolado reflexionan sobre as virtudes e baixezas da fama. E que mellor lugar para facelo que sobre os escenarios e con este novo espectáculo onde as poetas se reinventan a si mesmas, airean as súas vergoñas antes de que o fagan nas revistas de papel cuché e comparten cos asistentes os poemas que as sacarán de pobres e aqueles que merecen os máis escuros agochos.
Os magos! Eses seres tan fantásticos que tanto gustan aos nenos e nenas. Como poderán facer eses incribles prodixios? O Mago Romarís móstranos o segredo máis celosamente gardado. Cando un mago ten un soño sobre algo que lle atrae de forma especial, só ten que repetir tres veces unha derminada palabra máxica. E esa palabra máxica é...? Verémolo o día da actuación.
Músicos:
Paco Cerdeira (guitarra)
Ánxelo de Xermar (baixo)
Paula Romero (voz)
Rodrigo Muñoz batería)
A Gramola Gominola é un grupo de música rock para público familiar que presenta o seu novo libro/CD editado por Galaxia.
Neste proxecto o grupo aposta polo rock en galego, grandes temas que poderedes escoitar cos vosos fillos. Unha proposta de calidade que garante diversión a través da música.
No seu repertorio hai temas de diferentes ritmos musicais que van dende o rock, disco, reggae ou punk.
Elenco artístico: Gema Ulloa e Fran Martí
"A Yago gústalle o mar e gústalle a aventura. Milleiros de veces xogaba co seu avó a ser mariñeiro: dar unha volta ao temón, tocar a campá, subir na ponte de mando do capitán e dar ordes. O avó sempre lle dicía: Oe, Yago, lembra, os mares non nos separan, únennos, somos moi diferentes e parecidos á vez!!!!
Tres trogloditas convídannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria.
A cova, onde imos asistir a un cómico espectáculo cheo de humor e tolería. Da man dos Monicreques e das súas primitivas habilidades imos coñecer a singular forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos.
Unha sorprendente ambientación, a orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento.