Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Proxecto Noé

Elenco: Elena Seijo, Fernando Dacosta e Sabela Gago

-Eu non quero ter uns amigos que me asusten. Eu non creo que o do diluvio sexa certo- di o pingüín pequeno mentres pisa o chan con forza-.Inventástelo  só para asustarme e non necesito ningunha arca e tampouco a  vós! 

Tres pingüíns, o diluvio universal e dous únicos boletos para a arca de  Noé son os elementos desta historia narrada cunha linguaxe sinxela e contundente. 

Galego

Nómades

Elenco: María Roja, Diego Martínez e Atena García

Dirreción: Gena Baamonde

Nómades é un espectáculo dedicado ao público infantil e familiar onde o movemento, a música e a palabra convidan a viaxar por paisaxes singulares.

Somos nómades, transitamos sen morada nin corpo fixo. Habitamos a beleza do diverso, esa beleza que dá cor aos outros corpos e facilita a aparición de novas tonalidades, texturas e xeitos de vivir. Onde non existe un corpo equivocado, onde é posible imaxinar ás persoas en abstracto

Galego

#camiños

Despois de Voaxa e Carmín e Na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior], ButacaZero, en coprodución co Centro Dramático Galego, embárcase na súa terceira produción: #camiños. Con esta peza, ButacaZero pecha unha triloxía sobre a memoria: histórica na primeira peza, individual na segunda e nesta última, #camiños, sobre a memoria dun pobo.

Galego

Mar Adiante

Os preparativos do barco antes de botarse ao mar, a presentación e designación de Xosé Lois como capitán, o recibimento do público-tripulantes do Arroás e a chegada da mestra María Vitoria suceden na cuberta do barco-escola, o Arroás.

 

Galego

Involución

 

De onde vimos? A onde imos? Por qué estamos aquí? Cómo a terra, algo tan insignificante na inmensidade do universo se converteu nun planeta cambiante, enxendrando no seu seno un fenómeno único, a diversidade da vida?

O circo, a danza e o teatro serán o lenzo para debuxar a historia da humanidade sobre o noso planeta, a sua violenta infancia no espazo, unha madurez viva e relativamente equilibrada, o seu porvir incerto. Tres actos dunha aventura axitada que podería transformarse en traxedia a menos que aprendamos a facernos cargo do seu destino.

Galego

In Between

Bailaríns: Mikel Aristegui, Nuria Sotelo e Rosabel Huget

In between plantéxase a cuestión da definición binaria do xénero no corpo dx bailarín/na. Abrir unha reflexión sobre a importancia que hoxe en día define os roles do home e da muller na nosa sociedade, da necesidade de tratar un xénero “non definido” para poder comenzar un diálogo sobre a igualdade, para poder tratar ao ser humán como tal e non como unha definición dun xénero ou outro.

Galego

Crecer

CRECER é unha coprodución de El Callejón do gato e o Teatro Jovellanos de Xixón

Crecer, a historia de nunca acabar. Unha obra de fillos atónitos e pais fuxidos, sacada da realidade. Ás voltas cos nosos medos, os nosos soños, árbores que se enchen de formigas e adultos colmados de Peter Pan...

 

Galego

Pulgarcito

Quen busque o Pulgarcito de Perrault achará o que busca, como tamén o fará quen desexe atopar unha visión nova e estimulante.

Divertido para os nenos e conmovedor para os adultos, (aínda que talvez resulte o contrario), presentamos o conto a través da relación dun fillo co seu pai. E é por iso que este é un espectáculo especialmente ideado para pais e fillos. Segundo dise, os contos inventáronse para durmir aos nenos e espertar aos adultos, pero e se os pais fosen os nenos e os fillos os adultos?.

Galego

Eu cociño, ti cociñas?

Timoteo cambiou o seu kiosco por un restaurante que se chama COKI. Tan preocupado estaba porque os nenos
e nenas comeran saudable que abriu un restaurante, e ata ten un blog. As súas receitas teñen ingredientes
moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor... digo con xamón; viaxes de papar e xogar, aventuras de
piratas...Timoteo di que cociñando podemos percorrer o mundo e facer amigos: I CAN COOK, CAN YOU COOK?
“Eu cociño, ti cociñas?” é a nova montaxe de Mamá Cabra, un divertidísimo espectáculo músico-treatral que

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios