Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Tanatorium

Un home entra nun tanatorio xusto no momento no que se lles vai a luz. A escuridade, o forzado silencio e a incómoda humidade que se respira no recibidor, evócalle un soliloquio co que percorre trazos de distintas vidas ata chegar á súa propia.

Varias historias con personaxes díscolos que provocan situacións disparatadas, teñen como resultado este espectáculo compacto, rotundo, emotivo, sorprendente e terriblemente divertido.

Galego

Tolitates

Manipuladores: Isabel Coldeira e Ero Vázquez

Tolitates, movido por unha atracción se cadra máis tola ca el, sáltase todas as sinais de perigo e escapa da cordura atopando outras personaxes e situacións absurdas que loitan polo protagonismo sobre as táboas dun teatro.

Un gran elenco informal e atolondrado formado por obxectos, monicreques de fíos, bunraku e guiñol que nos leva a gargallada continua sen mediar palabra.

Galego

A primeira vez

Elenco:

María Ordóñez

Toño Casais 

É a décima vez que soa o teléfono na metade da noite. Despois de atravesar a cidade horriblemente iluminada, no medio da chuvia, deambular entre bloques de vivendas, atopar o edificio, a escaleira, o piso e a porta...el e ela confróntanse de novo para trazar o itinerario da súa primeira vez.

Galego

Ummm

Ummm! Unha comedia musical para chupar os dedos. A pastelaría de dona Remedios ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta, Ana, só sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, Dona Remedios, decide contratar  un novo axudante capaz de aportar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar nestes días. O  problema é que , as veces, esas novas ideas da cociña monderna poden entrar en conflicto co bo facer máis clásico de Ana.

Galego

Unhas gafas como as do avó

Laura é unha nena moi inquieta que todo o tempo anda á procura de aventuras que vivir. No xardín da súa casa xoga ao seu xogo favorito: soñar cos ollos abertos. Desta maneira pode explorar mundos afastados inimaxinables construídos desde a súa atolada imaxinación. Un día sente curiosidade polas gafas do seu avó; como se verá a través delas? O que comeza sendo unha pequena trasnada acaba por convertirse na maior de todas as aventuras.

Galego

A gala

Intérpretes: Cristina Vilariño, Rebeca Carrera, Nuria Sotelo.

A gala parte dunha idea de proceso, unha investigación en relación a figura e obra de Maruja Mallo como eixo do proceso creativo, sendo éste ao mesmo tempo o artellador da peza.

A gala é unha peza que xira ao redor do traballo de creación de tres bailarinas; encargadas de coreografiar o fío conductor da Gala de entrega dos Premios Maruja Mallo (os máis relevantes galardóns da cultura do país que as acolle).

Galego

Verbena galega

Un grupo de música tradicional, un grupo de pachanga e a posibilidade dun picadiscos.

A Verbena galega conta cun escenario móbil só para exterior, así como equipo de son e iluminación profesional.

 

Galego

Vida de cans

Elenco: Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo

Tres cans. Tres actores, tres cans, ou tres acotres que fan de can sen deixar de ser actores, sen deixar de ser cans.

Galego

Bathtime

Elenco artístico: Kevin Stewart e Estibaliz Veiga

Unha interpretación chaplinesca cun toque dos anos 20.

Mancharse con chocolate pode ser divertido e a hora do baño selo aínda máis.

Dous amigos, chocolate, unha bañeira y musica orixinal, son os ingredentes desta posta en escea.

Galego

Cousas de nenos

Cousas de nenos é un espectáculo indicado para toda a familia. Tanto nenos como non tan nenos desfrutarán deste espectáculo cheo de colorido e ilusión.

Cunha mezcla de maxia e sombras chinescas Ian e Elisa farán que os nenos se sumerxan nun mundo imaxinario onde nada é imposible.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios