Clave de fado
Presentación do disco Xanelas
Músicos: Iria Estévez (Voz), Gonzo Piña (Guitarra), Paco Dicenta (Contrabaixo), Isaac Garabatos ( Bouzouki, Viola e Caipira)

Presentación do disco Xanelas
Músicos: Iria Estévez (Voz), Gonzo Piña (Guitarra), Paco Dicenta (Contrabaixo), Isaac Garabatos ( Bouzouki, Viola e Caipira)
Elenco: Manuel Solla, Abel Abelleira, Carlos Cerviño e Santiago Daroza
Xogos, música, baile, creatividade, alegría... Estes son os elementos que configuran Os limpa limpa
O universo da imaxinación inocente exprésase na acción cotiá, mesmo no traballo, aínda que sexa nun traballo como o de limpar.
Difícil escoller pero Carlos Blanco decide revisar algúns dos seus máis coñecidos monólogos: As bravas da Arousa (Queres Kiwis?), A dobraxe porno, Galizara, As grandes frases das nosas avoas e avós...
Sinopse: Cinco minutos sen respirar retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex)empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado.
A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe.
Culturactiva ten o pracer de convidarvos a Papar sen cancelas, un delicioso espectáculo onde poderedes deleitarvos cunha exquisita selección gourmet do mellor humor galego.
Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei son tres linguas soltas, linguas hábiles, linguas deslinguadas e, como os mellores menús, linguas para todos os gustos!
Elenco Elena Seijo, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Nate Borrajo e Fina Calleja.
Elenco: Víctor Mosqueira, María Costas, Mon Orencio, Marcos Viéitez
Sinopse:
Carpe Diem é a atrevida tentativa de converter en teatro un dos mais excitantes contos do maior autor vivo na nosa língua: Rubem Fonseca, gañador do Premio Camões en 2003.
Xa está aquí o máis recente espectáculo infantil da Compañía Nelson Quinteiro, unha colorida e divertida proposta con contos, cantigas, música ao vivo co acordeonista David Álvarez Caneda e escenografía da man do pintor Leandro Lamas.
Máis alá das Illas Cíes. Máis alá de Sálvora, de San Vicente, das Sisargas, da Marola ou das Illas Ons existe unha grande pedra no océano que todas e todos coñecen como A Illa do Cón.
Interpretado por Vero Rilo e Faia Díaz Por unha Peseta é o seu primeiro traballo conxunto onde voz narrada e cantada achégans,e por menos de nada, para atopar canto vale unha peseta. Historias de vida recollidas no cercano e no universal nunha peza que nos achega a partes iguais ao humor e á sensibilidade e tenruras propias do país. Por unha Peseta lévanos aos tempos dos nosos ancestros, pero dende un punto de vista actual que respecta os seus saberes, tradicións, historias e retranca.
2019, ano en que por fin sae á luz o cuarto disco do cantante e compositor galaico-brasileiro Gustavo Almeida.
Un álbum gravado en Valencia, baixo a dirección de Nacho Mañó, recoñecido produtor de artistas como Alejandro Sanz, Nena Pastori, Presuntos Implicados, entre outros…
Este disco supón un importante paso na carreira de Gustavo Almeida, tanto pola solidez do repertorio, como pola excelencia da gravación.