Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Arte´n´rúa

Espectáculo multidisciplinar para público infantil / familiar ambientado nas artes de rúa e urbanas.

Terá graffiti en directo, danza urbana, beatbox e contará coa participación estelar dun Mago (mestre de ceremonias), Os 3 Tenedores e A Gramola Gominola.

Un espectáculo dinámino, divertido, sorprendente e cheo de ritmo, con hip hop, rock e moito máis! Unha cita imperdible para disfrutar en familia.

Galego

Lázaro de Tormes

Pedras de Cartón presenta "LÁZARO de Tormes",  un espectáculo baseado no coñecido clásico da literatura, por primeira vez contado case sen palabras. Un espectáculo para toda a familia narrado en clave de comedia a través dun coidado traballo de máscaras dirixido por Pablo Sánchez e unha banda sonora orixinal  creada por Davide González.

Galego

Cronopios

Cronopios é un divertimento reflexivo dirixido a pùblico infantil e xuvenil cunha versión para institutos. Baseado nos personaxes dos relatos de Cronopios e Famas de Julio Cortázar creamos unha comedia de enrredo que nos introduce no mundo do surrealismo do entramado social. Así da man destes curiosos seres, asistimos a creación dun mundo máxico, paralelo a sociedade actual onde conviven Cronopios, Famas e Esperanzas. Un espectáculo con mais de 40 monicreques que faran as delicias de espectador.

Galego

Cadaval conta... vacas, guerras, porcos e cregos

QUICO CADAVAL Conta... VACAS, GUERRAS, PORCOS E CREGOS: Quico Cadaval desenvolve dende os anos 90 do pasado século unha actividade como contador de historia e sucedidos. Este tipo de espectáculos, considerados a forma mais diminuta de teatro, son unha das mais poderosas chamadas á imaxinación do público, que ten que construir co narrador as imaxes da historia.Na actualidade a narración escénica ten un amplo circuito internacional ao que son convocados, con frecuencia representantes da arte de contar contos na Galiza.

Galego

Medida por medida de Shakespeare

Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cai a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un xoven de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella, a sua irmá monxa, a abandonar o convento por tres dias coa tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán. Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a sua brancura virxinal.

Galego

Bimaxias: 2 ilusionistas en realidades paralelas

Unha creación máxica, surrealista e con ilusións a "xeito individual e a dúo". Xornais que cobran vida, cordas sorprendentes, froitas “sen frutosa”, recreacións doutra época e moito máis, xeran a trama dun acto cheo de gags, diálogos apegados ó sorriso e prestidixitacións sorprendentes. 2 ilusionistas ao vivo nun espectáculo de maxia, humor e participación do público composto para ollar outras realidades coas orellas moi abertas.

Galego

Ula Lúa?

Ula Lúa? é un espectáculo dirixido a un público familiar, onde valores como a tenrura, o respecto oua solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo ondea violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

A gatiña Lúa non ten irmáns e a avoa non lle deixa saír fóra, mais ela soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas para xogar. Cando logra saír atópase cun gato que tamén intenta impedirlle que realice os seus soños, pero Lúa di NON, porque ninguén ten dereito a destruír os seus soños e ilusións.

Galego

O empapelado amarelo

Elenco: Melania Cruz

O EMPAPELADO AMARELO É...

- Unha posta en valor do papel das mulleres como creadoras ao longo da historia, invisibilizadas por un sistema que condena á metade da humanidade ao esquecemento.

- Unha experiencia teatral que afonda na crise actual dos modelos de relacións amorosas baseadas nunha serie de valores que debemos poñer en cuestión.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios