Patapatúm
Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. Patapatúm propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre pais e fillos.

Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. Patapatúm propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre pais e fillos.
Elenco: Sabela Hermida, Pedro Picos e Xosé Bonome
SESIÓN CONTINUA é unha homenaxe ao mundo do celuloide. Un paseo por películas como:2001 Unha odisea no espazo, O Resplandor, Pulp Fiction, Febre do sábado noite, Instinto Básico ou Psicose entre outras. Un espectáculo de humor onde o deseño lumínico e o traballo actoral son os pilares dunha aposta novidosa e singular.
Elenco: Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez
Un lugar indeterminado. Tres mulleres. Sete testemuños reais. Un millón de razóns para falar do maltrato. Non máis invisibles.
A fórmula do Cabaré colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué.
Elenco: Laura Sarasola
Un pequeno teatro viaxa arredor do mundo dentro dunha caixiña de recordos. Un elenco formado por fabulosos artistas de rúa mostran os máis variados números: equilibrismos, maxia mentalista, malabares, música e como non, os dous grandes paiasos Tontón e Totó Gluk. A maxia dos fíos destas marionetas liarán nunha viaxe fascinante ao público, que se converte en gran protagonista participando activamente durante todo o show. Un espectáculo moi divertido e participativo para tódolos públicos.
Música variada para trío desde clásica ata moderna con temas de Mozart, Vivaldi, Strauss, Brahms, Gradel, Lara, etc..
Un espectáculo que mestura o clown e a pantomima coa maxia e os monicreques compaxinando o lecer e a diversión coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía.
Espectáculo de maxia, humor e participación cheo de intres fascinantes: ¿Como facer maxia nunha mudanza?, a verdade oculta do Principio de Acción e Reacción, o poder máxico da lectura, que haberá despois de "Luar",... son só algunhas das moitas aparicións de ilusións e humor deste espectáculo, con comicidade, fondo musical e participación do público....e as manipulacións de cartas, cordas, mentalismo etc., nun espectáculo que pretende concienciar ó público á devolución das esculturas a súa lugar de orixe, as rotondas e a implantación de máquinas expendedoras de empanadas.
Manipulador: Borja Insua
Circo Galaico é un espectáculo de variedades conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo.
Un circo único onde a maxia e o fantástico se mestura co autóctono, onde os acróbatas e malabaristas serán animais da fauna galega coma o xabarín, o lobo ou a pita do monte.