Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Poeta en Nueva York

A Productora Paloma Lugilde presenta unha adaptación teatral de Poeta en Nova York de Federico García Lorca, obra de irremediable actualidade, abordándoa desde conceptos pouco habituais: o dó como forza motriz a través do trato coa morte (tema ritual do poemario) ou a crise do desexo. Por iso, a experimentación terá un gran peso, materializándose nun espazo escénico contemporáneo no que a honestidade estea presente creado pola directora e dramaturga Paloma Lugilde. O elenco está formado por María Roja, Sergio Zearreta, e Sabela Eiriz.

Galego

Trogloditas

Actores manipuladores: Eduardo Rodríguez "Tatán", Miguel Borines e Andrés Giráldez

Tres trogloditas convídannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria: a cova, onde asistir a un cómico espectáculo cheo de humor e tolería. Da man dos Monicreques e das súas primitivas habilidades imos coñecer a singular forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos.

Unha sorprendente ambientación, a orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento.

Galego

Relatos negros

O crime, como todos vostedes saben, é algo tan antigo como a propia humanidade. E o crime entre familiares é, sen dúbida, o máis xenuíno dos crimes. 

Ninguén está libre de padecer a vertixe ou a pulsión do desexo... O desexo de acabar co seu semellante aínda que este sexa un ser moi querido. 

 

Elenco: Manuel Manquiña

 

Galego

Fariña

Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro Fariña, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cristina Iglesias, ademais do propio Touriñán.

Fariña non permite ao espectador nin acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga suceden conversas entre rapaces e veciños das vilas falando, mercando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea. O fenómeno xa está en marcha. 

Galego

O Candil

A “Escola Galega de Teatro Musical”, centra a atención no teatro musical, para facer máis produtiva a industria cultural galega. Analizando o éxito actual do teatro musical en España, preferido por máis dun cuarto do público (porcentaxe en alza), crea “O Candil”, un musical 100% galego. 

Galego

Azul y la revolución de los colores

As formigas ven en branco e negro. Por iso, para as súas compañeiras, Azul é outra formiga negra. Para ela mesma tamén. Con todo, Azul sente que hai algo máis alá, e un día motivada pola súa necesidade de saber, descobre que fóra do seu formigueiro existe un mundo cheo de cores. Azul tentará que o resto das formigas saiban do seu fantástico descubrimento, pero a Raíña non llo vai a poñer nada fácil porque, que faría unha formiga se descubrise que hai algo máis que o traballo e as estritas normas do formigueiro?.

Galego

Viaje al centro del cuerpo humano

 

E se fósemos tan pequenos como para meternos dentro dunha persoa e vivir unha incrible aventura, mentres aprendemos?

Benvidos a unha extraordinaria viaxe a través do noso corpo. Unha máquina perfecta, unha obra mestra na que nos mergullaremos para coñecer como funciona o seu incrible circuíto interior, polo que flúe a vida.

Elenco: Isaac Tapia, Álvaro Sánchez, Vicente Martín e José Gabriel Sánchez

 

Galego

Carabela

Carabela, cociñeira dun barco, naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios