Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Divina

O monólogo máis humano dunha muller case DIVINA

A actriz Ledicia Sola analiza as situacións cotiás da vida dende o seu propio punto de vista, ou mellor dito, " de lista". Conto o humor, ironía e estupidez que certas reflexións nos deixan no mundo absurdo no que vivimos.

"Entre facerse a tonta e pasarse de lista, non hai término medio, e sen embargo ahí pasamos a metade da vida... polo menos as mulleres"

Galego

Daimon y la jodida lógica

O destino, a voz da conciencia, a intuición, o chimpo creativo.

Anxo ou demo, ol susurro da voz interior que detén ou empurra.

Significado que podemos interpretar pero non comprender

Ialma, animal interior: profundo, fatal, opaco

Presencia oculta, imprevisible, que determina actos e decisións que non podemos explicar racionalmente.

Ás veces escondido e ás veces dous pasos por diante.

Ocúpanos, acompáñanos, céganos, impúlsanos.

Entra, aínda que pechemos a porta.

 

Galego

Crunch!

Elenco: Óscar Paez e Dani Blanco.

Onde están cando se lles necesita?

É unha pregunta que estamos afeitos a facernos sobre os amigos, os políticos, a familia, etc..algunha vez eles faian pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, a conciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas somos superheroes.

Galego

Cousas de catro

Músicos: Juan Collazo, Antonio Ocampo, José Varela e Sergio Sande.

 

Instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e o xogo co efecto sorpresa son a base deste espectáculo.

Catro son os elementos que definen este concerto didáctico que busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e que o camiño da creación continúe espertando.

Galego

Cinema e música

Olga Brañas (piano) e Susanna Blanco (violoncello) musicalizan películas en directo.

No catálogo temos Tempos Modernos de Charles Chaplin (1936) e Nosferatu de F.W. Murnau (1922). 

As musicalizacións son de todo tipo, dende pezas clásicas ata infantís, pasando por pezas galegas ou ragtimes. 

Gusta tanto a maiores como a pequenas e pequenos. 

Galego

Catro

Elenco: Laura Sarasola

Catro é a nova proposta de Caramuxo teatro para primeira infancia. É unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, os sons e as texturas... co descobrer a través da danza como linguaxe e canle de coñecemento.

Catro lados ten un cadrado, a miña galleta preferida, as estrelas que vexo dende a miña habitación e catro son os recunchos do meu lugar.

Catro é a experimentación a partir dun número que se repite na nosa vida. Unha experiencia para gozar en familia.

Galego

Anatomía dunha serea

Elenco: Iria Pinheiro

Sinopse:

Unha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o embarazo e o parto, narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico. Un relato construído mentres a ferida segue aberta, porque as secuelas aínda non foron reparadas e o seu testemuño terá toda a visceralidade propia dun caso aberto.

Premio Maria Casares 2019 mellor actriz protagonista e mellor texto orixinal.

Galego

Alquimia

Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal.

O soño dos alquimistas era dominar a natureza , o lume, e finalmente o tempo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios