Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A casa do terror

No ano 2019 A Casa do Terror gaña o Premio da Música Galega na categoría de ´Música Infantil´. 

Este espectáculo musical e teatral, que está a recibir moi boas críticas de prensa e público, ven da man dun libro-cd editado por GALAXIA.

A Casa do Terror é moi potente, moi rockeiro e sobre todo moi participativo. Ten influencias das películas de medo dos anos 50 e 60 e imaxinarios como A Bola de CristalA familia Adams ou Scooby Doo.. A enerxía acadada co público neste espectáculo é moi alta.

Galego

Celebraré mi muerte

O 28 de marzo de 2005 a vida do médico Marcos Hourmann cambiou para sempre. De madrugada, unha paciente de máis de 80 anos chegou ao servizo de urxencias do hospital onde traballaba. Sometida a un gran sufrimento físico, o prognóstico só dáballe unhas horas de esperanza de vida. A paciente e a súa filla pedíronlle que terminase definitivamente co seu sufrimento. Marcos, saltándose todo o protocolo médico, inxectoulle 50 mg de cloruro de potasio na vea. Morreu aos poucos minutos. E Hourmann fixo unha cousa que nunca fixera ninguén neste país: deixou escrito no informe o ocorrido.

Galego

As virxes salvaxes

As virxes salvaxesé unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden.

Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido as súas vidas até o final. Máis chegaron as présas e os apuros da cultura urbana e nela, os maiores non teñen cabida, son un estorbo, e preciso desfacerse deles amoreándoos en institucións concibidas para iso.

Nunha destas institucións, varias internas realizan, mesmo sen sabelo nin pretendelo, a súa propia revolución.

Galego

Ana, también a nosotros nos llevará el olvido

Ana é un ama de casa convencional da España dos anos 60 casada con Lope, que acaba de conseguir un posto no Ministerio. Os días de Ana transcorren entre as tarefas do fogar, a atención ao seu marido e as visitas á barbería de Satur, conselleira e amiga. A vida de Ana dará un xiro o día que coñece a Vivian, fotógrafa francesa de espírito libre, que lle fará ver que a súa vida non é, nin de lonxe, o que ela no fondo ansía.

Galego

Onírica Mecánica

Alicia abúrrese. De súpeto escoita os pasos dun coello e decide seguilo ata o seu tobo. Alí cruzará a porta a un enigmático mundo no que non existe o tempo e nada é o que parece. Alicia penetrará entre dúbidas, anhelos, preguntas, medos e misterios, nun percorrido iniciático polas cidades invisibles, territorios imaxinarios poboados por estraños seres e algún que outro monstro.

Galego

A fraga do meu avó

A fraga do meu avó está chea de carballos que case tocan o ceo, castaños, bidueiros, loureiros, bieiteiros, abeleiras, e moitas árbores que sempre deron moitísimo mais que madeira. Agochados entre eles andan paxaros como a pega marza, o mito, o peto real, a estreliña do norte, o paporroibo real, a curuxa,…
E percorrendo os seus camiños están a píntega, os esquíos, o xabaril, o raposo,…

Galego

A conquista da escola de Madhubai

Sakundeba, bandida, perseguida pola policia e polo exército, acusada do asasinato de máis de trinta homes que a violaran tempo atrás e de numerosos asaltos a man armada, preséntase na humilde morada de Pandala, unha sabia anciá que a criou cando era nena e que é a única persoa no mundo na que confía.

Pídelle quedar durante dous días agochada na súa casa, para poder meditar con tranquilidade que decisión tomar nunha disxuntiva transcendental que se lle presenta.

Galego

Play

Non! Non se abre o pano ao empezar! Antes, hai que “construír” o escenario. E enchelo de coxíns. E colocar ao bailarín. E iluminalo todo. E entón e só entón, o escenario cobra vida, suspendido. Para xogar á “ gallinita cega”. Ou para entrecruzar gomas e participar nun antigo videoxogo. Para saltar sobre o sofá, ou descubrir cisnes buscando o seu lago. Para seguir a cans bailaríns que escoitan gatos ou encherse a cabeza de aire. Para provocar fogos artificiais ou danzar todos xuntos. PLAY é unha festa sen respiro que contaxia alegría, alenta o sorriso e comparte diversión.

Galego

O mel non caduca

Unha traxicomedia biodegradable e ecosostible arredor da obsolescencia programada, da relación do ser humano cos obxectos e da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica capitalista, do crecemento e do consumo masivo de produtos.

Elenco: Marián Bañobre e Avelino González

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios