Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Sintempo

SinTempo, segundo traballo de Sara Cano, é un só de danza no que a coreógrafa busca crear un espazo escénico propio no que poder desenvolver unha danza anacrónica, feita de pasados, presentes e futuros, unha danza sen tempo... simplemente persoal. SinTempo busca poder falar do paso do tempo, do pasado, o presente, o atemporal, o rápido, o lento, o estático, o que permanece e o que se vai e, en definitiva, das sensacións e reaccións que todo isto produce na creadora neste momento presente que vive o seu corpo e a súa conciencia. 

Galego

Ser e terra

SER E TERRA . Un estilo de danza que  molla o aire. Velaí outra fecunda realidade artística que chega dende Galicia -absolutamente nova- con raices tan fondas como o propio océano.

  Dicímolo con orgullo. Nos últimos anos os galegos non deixamos de sorprender pola nosa creatividade. Coa Democracia xurdíu a primeira xeración que tivo oportunidade de formarse ben na cultura galega e na cultura universal. Aqueles rapaces regálannos agora unha arte plena, cargada co poder desta Fisterra, e, ao tempo, capaz de emocionar a calquera ser humano.                                           

Galego

Rosalía

O espectáculo trasládanos a Rosalía de Castro na súa nenez, a unha Rosalía atrevida, máxica, activa que nos amosa o porque da súa obra dun xeito realmente ameno e divertido.

María Rosalía Rita agóchase no faiado, pechando a porta tras ela, facéndose forte nese lugar máxico que ben coñece, que habitou en segredo e que está ateigado de tesouros. Hoxe mesmo veñen buscala, xa lle puxeron o seu traxe de fidalguiña e uns zapatiños que non lle acaban de acaer ben. Debe abandonar a aldea para ir vivir coa súa nai despois de anos baixo a tutela das súas tías paternas.

Galego

Pyka

Helena Varela recompón a historia da súa avoa Angelines, figura repudiada na súa familia, mais tamén enigmática. Pide axuda aos seus sete irmáns, que lle dan cadansúa versión.

Nunha viaxe a Londres Helena visita o psiquiátrico onde traballara a súa avoa durante moito tempo. Alí lle falan da existencia dunha película desaparecida que abrirá novos interrogantes sobre a vida da avóa

Angelines e a súa relación cunha misteriosa muller chamada “a vasca”.

Galego

Pulso

Spoken-Word-Spoken-War.

Cando a ameaza da bomba atómica inspira a Neal Cassady a fusionar seus propios átomos, e Christine Jorgesen troca o corpo dos Marines por unha vaxina transexual, o Dharma da guerra dos sexos maniféstase en Rock Hudson e Doris Day a través de Gila e Mari Carmen y sus muñecos. Xa o Donald Trans, urde na sombra un plano reptiliano que nen o Super man - ese E.T- encomendado aos Upanishads parece poder paliar. Urxe auxda B-UFA.

Elenco: Paula Sanmartín

Galego

Prostitución

O noso espectáculo baséase nun proceso de exploración sobre a prostitución. Un tema que nos fai expoñernos a moitas preguntas, e en diferentes planos, sobre a nosa visión como cidadáns, como seres humanos e como artistas coa vontade de reflectir a nosa sociedade. E farémolo dando voz aos seus protagonistas, ás prostitutas. Falamos con elas, entramos nos seus clubs, acompañámolas nas súas rúas. Trátase dunha investigación documental da que beberá un grupo de artistas/actrices, co propósito de comprender esta realidade e facela obra de teatro.

Galego

Pínconús

Pínconús (Unha comedia musical para toda a familia) Un día calquera, unha estación de tren, tres persoas que queren viaxar, unha billeteira que ven e que vai…

Estación de orixe: Aquimesmo. Destino: Pínconús, ese lugar ao que todos queren ir pero que moi pouca xente se atreve. Unha espera de absurdos encontros e desencontros mentres o tren está por chegar.

Elenco: Ana Carreira, Carlos Coira, Marga Portomeñe e Carlos Rebolo.

Galego

Chungo Ke Te Cagas

Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia.
Gañador do Premio do Público do Mundoclown 2008 e recentes xiras por Canarias, Madrid, Brasil, Portugal, Palestina, Cataluña, Asturias, ....

Galego

Paio e o poder da música

Despois do suceso de "As Andanzas de Paio" e "Vaioviravai", a compañía viguesa presenta "PAIO E O PODER DA MÚSICA", o novo espactáculo do teixugo mais querido polas nenas e nenos de Galicia. 

A tripulación da nave soñadora, comandada por Roni, Kiki e Chamuco, afronta o emocionante reto de conseguir que o seu amigo (Oso Aurelio), recupere a súa cabeciña nunha trama chea de música, cor e divertidísimas coreografías.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios