As xeneralas da Ulla
As Xeneralas da Ulla" é un espectáculo de rúa baseado nunha das manifestacións máis ricas do entroido galego: "Os xenerais da Ulla".

As Xeneralas da Ulla" é un espectáculo de rúa baseado nunha das manifestacións máis ricas do entroido galego: "Os xenerais da Ulla".
Sexteto do que forman parte Sabela King, Ramón Figueira “Figui”e Benjamín Vázquez. Estilísticamente móvense entre o blues, o country e o soul dos 50's 60's, adaptando versións dos clásicos destes xéneros e temas actuais.
Percorrido musical polos clásicos do vocal/jazz: Sinatra, Nina Simone, Jobim … Tamén adéntrase nos boleros e no repertorio clásico do gypsy jazz manouche dos tempos do seu creador Django Reinhardt nun espectáculo a guitarra sola acompañado pola sua voz.
Baila un vestido verde é un espectáculo interactivo de danza que xoga e convida a xogar ao espectador.
O corpo, a danza e o xesto son os códigos que se manexan para establecer un diálogo constante co público.
“O vestido verde” é o punto de encontro inicial que activa a interacción entre os presentes.
Baila un vestido verde é un espectáculo de danza simpática.
Velliñas é unha a tenra historia de Ramona, Filomena e Anabel, tres velliñas que día a día -ás seis en punto da tarde- se achegan á praza da vila para facer compañía as pombas. Pero un bo día, algo novo distrae a súa rutina: unha cuncha de vieira!
Espectáculo de animación de rúa que conta cun xigante ou cabezudo, dous músicos, unha zancuda e un actor nun velocíclope, un vehiculo moi particular. Un espectáculo moi participativo e divertido.
Zampón, ou lambón é un espectáculo con música en directo no que se mesturan actores con figuras grandes e monicreques para contar unha historia de aventuras protagonizada por dous heroes moi especiais, Brais e Chispín, que terán que enfrontarse ao xigante Zampón, o devorador de palabras máis glotón do mundo.
Pepe Vaamonde Trío, como o seu nome indica, é o formato reducido da banda Pepe Vaamonde Grupo, mais nace tamén cunha clara idea musical.
O seu repertorio nútrese dos catro traballos discográficos da banda, inda que facendo unha escolla de temas fondamente encamiñados ao baile tradicional. Son músicas, polo tanto orixinais pensadas para ser bailadas nun claro entorno foliadeiro.
PVTrío está composto por Miryam González ao acordeón, Pipo Alvariño á guitarra e voz e Pepe Vaamonde na gaita, frauta e voz.
Andrea enche a súa maleta de contos e de outros obxectos para subirse ao tren co seu amigo Roque.
Roque é a primeira vez que vai viaxar en tren e está moi nervioso, Andrea intentará facerlle a viaxe máis agradable, e mentres agarda por él irá ensaiando os contos que lle vai contar.
Manipuladores: Óscar Ferreira e Andrea Bayer
A través do espectáculo de BLACK redescubriremos grandes clásicos de voces femininas e vibraremos lembrando mulleres inesquecibles como Aretha Franklin, Nina Simone, Billie Holiday ou Amy Winehouse.
BLACK ofrece, en directo, unha visión sensible e chea de detalles e anécdotas das últimas décadas da música negra, da forma na que as cancions nacen, escríbense e interprétanse, dunha forma profundamente íntima agasallándonos cunha viaxe polas melodías do Soul.
Unha experiencia para a alma.
Cando chega algo novo, sempre está ben ler o manual de instrucións: Colla ao Springsteen galego ou póñalle unha guitarra eléctrica ao Suso Vaamonde. Xúnteo co guitarrista de Bon Jovi e os maquinillos dun tipo sacado dos Prodigy. Engada xenerosamente bases e arranxos elaborados artesanalmente polo Xaponés Carmiña, músico total onde os haxa. O resultado é o novo proxecto de Roberto Sobrado grupo, Electro-Tras-Nós.