A cincenta
Autora e directora: Tatiana Likhacheva
Elenco: Gema Ulloa e Fran Giraldo

Autora e directora: Tatiana Likhacheva
Elenco: Gema Ulloa e Fran Giraldo
Dirección
XAVIER CASTIÑEIRA + ESTHER F. CARRODEGUAS
Elenco
LAURA VILLAVERDE
XURXO CORTÁZAR
Xan e Mar fican confinados no seu pequeno apartamento por mor dun virus. Estantes cheos de comida, cervexa e papel hixiénico. E todo parece un xogo. Quita o sofá para poñer a cama. Quita a cama para poñer a cea. Saca medio corpo polo ventanuco para pillar a wifi da veciñas… E escoitar, ás 20h, os aplausos nos balcóns de quen os ten.
Un espectáculo destinado a público infantil para a transmisión da cultura galega.
Unha lambetada é un doce, algo saboroso, que se come por gusto.
Pero tamén é a acción de pasar a lingua buscando un efecto agradable.
Partindo da dobre acepción da palabra elaboraremos un doce e gorentoso espectáculo teatral, pasando a lingua a modiño, con deleite, sobre unhas historias que nos deixarán un doce sorriso nos beizos.
Elenco: María Ordóñez e Diego Rey
Elenco: Raquel Espada, Victoria Teijeiro e Xurxo Cortázar
O PREMIO é unha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fose tal, que se viron obrigadas a caer en O Premiocomo única fórmula de conseguir a felicidade.
O PREMIO é un reality en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: Morrer logrando a fama. Todo por un soño.
Tres finais posibles en función do desexo do público.
Ela é a nova proposta de Caramuxo Teatro para tódolos públicos. Recrea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruxa Mallo.
Unha mestura de poesía, humor,teatro e danza onde descubrir o imaxinario desa muller excepcional. Un poema plástico para gozar en familia.
Dirección: Juan Rodríguez e Laura Sarasola
Elenco: Juan Rodríguez, Laura Sarasola e Suso Jalda
Rejhuz e Clakghs Setén son a filla e o fillo de Satán. O seu pai, farto de aguantar a estes dous completos inútiles malcriados e aspirando a ser emérito por fin, decide botalos do inferno para que aprendan a gañarse o mal por si mesmos.
Facendo unha simbiose co Camiño de Santiago, Sheila Patricia fai un percorrido por diferentes espazos máxicos galegos, así coma diferentes épocas da nosa terra, as profesións máis característica e ou papel dá muller na sociedade galega, especialmente rural.
Sheila Patricia, a voz da nova canción de autora en Galicia, integra os ritmos e sons máis actuais, coa música do acerbo cultural galego.
Mariña é unha regueifeira e queda sen palabras...Nikolai sempre quixo ser músico pero tocoulle ser aviador...Xuntos farán unha viaxe polo mundo na procura de novas palabras para as súas regueifas porque o mundo ten moito que contar!!
Traballamos sobre a importancia das palabras e o idioma (Regueifa!!), a multiculturalidade, cuestións de xénero e o coidado do mundo, coa intención de xenerar curiosidade para que @s nen@s e as familias podan seguir investigando.
Elenco: María Angeles Iglesias (actriz), Tato López (músico) e Carlos Freire (músico)
Elenco: Rocío Salgado e Martín Maez
A pastelaría de dona Remedios ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta, Ana, só sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, Dona Remedios decide contratar un novo axudante capaz de aportar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar nestes días. O problema é que, ás veces, esas novas ideas da cociña moderna poden entrar en conflicto co bo facer máis clásico de Ana.
O novo traballo de Tanxugueiras, a banda revelación do folk galego nos últimos anos, sae a luz o 21 de novembro de 2019. Nel, un cambio de imaxe, de formato e de espectáculo para deleitar aos espectadores.
A música tradicional vista desde os ollos dunhas rapazas que beben doutras influencias.
Logo do éxito do seu primeiro traballo e de máis de 100 concertos en 16 meses de presentación, Contrapunto ve a luz producido por elas mesmas. Un disco no que as voces son as protagonistas, así como unha coidada escenografía e xogo de luces.