Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Lambetadas

Un espectáculo destinado a público infantil para a transmisión da cultura galega.

Unha lambetada é un doce, algo saboroso, que se come por gusto.

Pero tamén é a acción de pasar a lingua buscando un efecto agradable.

Partindo da dobre acepción da palabra elaboraremos un doce e gorentoso espectáculo teatral, pasando a lingua a modiño, con deleite, sobre unhas historias que nos deixarán un doce sorriso nos beizos.

Elenco: María Ordóñez e Diego Rey

Galego

O premio

Elenco: Raquel Espada, Victoria Teijeiro e Xurxo Cortázar

O PREMIO é unha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fose tal, que se viron obrigadas a caer en O Premiocomo única fórmula de conseguir a felicidade.

O PREMIO é un reality en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: Morrer logrando a fama. Todo por un soño.

Tres finais posibles en función do desexo do público.

Galego

Ela

Ela é a nova proposta de Caramuxo Teatro para tódolos públicos. Recrea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruxa Mallo.

Unha mestura de poesía, humor,teatro e danza onde descubrir o imaxinario desa muller excepcional. Un poema plástico para gozar en familia.

Dirección: Juan Rodríguez e Laura Sarasola

Elenco: Juan Rodríguez, Laura Sarasola e Suso Jalda

Galego

Hell brothers

Rejhuz e Clakghs Setén son a filla e o fillo de Satán. O seu pai, farto de aguantar a estes dous completos inútiles malcriados e aspiran­do a ser emérito por fin, decide botalos do inferno para que aprendan a gañarse o mal por si mesmos. 

Galego

Sheila Patricia en concerto

Facendo unha simbiose co Camiño de Santiago, Sheila Patricia fai un percorrido por diferentes espazos máxicos galegos, así coma diferentes épocas da nosa terra, as profesións máis característica e ou papel dá muller na sociedade galega, especialmente rural.

Sheila Patricia, a voz da nova canción de autora en Galicia, integra os ritmos e sons máis actuais, coa música do acerbo cultural galego.

 

Galego

Un lugar chamado Mundo

Mariña é unha regueifeira e queda sen palabras...Nikolai sempre quixo ser músico pero tocoulle ser aviador...Xuntos farán unha viaxe polo mundo na procura de novas palabras para as súas regueifas porque o mundo ten moito que contar!!

Traballamos sobre a importancia das palabras e o idioma (Regueifa!!), a multiculturalidade, cuestións de xénero e o coidado do mundo, coa intención de xenerar curiosidade para que @s nen@s e as familias podan seguir investigando.

Elenco: María Angeles Iglesias (actriz), Tato López (músico) e Carlos Freire (músico)

Galego

Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos!

Elenco: Rocío Salgado e Martín Maez

A pastelaría de dona Remedios ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta, Ana, só sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, Dona Remedios decide contratar un novo axudante capaz de aportar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar nestes días. O  problema é que, ás veces, esas novas ideas da cociña moderna poden entrar en conflicto co bo facer máis clásico de Ana.

Galego

Tanxugueiras en concerto

O novo traballo de Tanxugueiras, a banda revelación do folk galego nos últimos anos, sae a luz o 21 de novembro de 2019. Nel, un cambio de imaxe, de formato e de espectáculo para deleitar aos espectadores.

A música tradicional vista desde os ollos dunhas rapazas que beben doutras influencias. 

Logo do éxito do seu primeiro traballo e de máis de 100 concertos en 16 meses de presentación, Contrapunto ve a luz producido por elas mesmas. Un disco no que as voces son as protagonistas, así como unha coidada escenografía e xogo de luces.

Galego

SÓS

SÓS é unha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia, e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.

 SÓS conta a historia de Fermín e Marcelino,  dous homes octoxenarios que se ven obrigados polas circunstancias a compartir piso.

Galego

Shukran

Despois de máis de 20 anos realizando actuacións por diferentes escenarios e prazas, chegou o momento de agradecer a enorme felicidade que sentimos cada vez que actuamos. A nosa mellor tarxeta de presentación son os centos de clientes satisfeitos, as miles de actuacións realizadas, o boca a boca e a profesionalidade que caracteriza á nosa compañía. Paixón, dedicación, proximidade e por suposto, un traballo por tentar ser sempre un pouco mellor son os alicerces nos que nos baseamos desde que comezou a nosa aventura no marabilloso mundo do espectáculo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios