Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Emigrantas

Bailaríns: David Loira e Esther Latorre

Emigrantas é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero.

Dúas intérpretes en escena vivencian unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da derradeira diáspora, distintas das anteriores pero mantendo o pasado na memoria.

Galego

El Alemán

O Alemán é unha peza, con vocación experimental, escrita, dirixida e interpretada por Diego Anido, que orbita sobre a idea do Sacrificio a través do absurdo cotián.

Durante os 50 minutos que dura da peza mergullámonos na rutina angosta dun personaxe a partir dunha linguaxe que se nutre dunha formación multidisciplinar en artes escénicas.

No Alemán Diego Anido parte da data de caducidade dun Yogurt para mostrarnos unha realidade deformada onde este dato aparentemente intranscendente convértese no escollo desencadenamento da acción.

Galego

Drop

Drop é un proxecto de circo contemporáneo e de investigación tanto técnica como dramatúrxica para afondar nos códigos propios desta arte e poñelos en valor. Un proxecto para demostrar que o malabarismo ten moito máis percorrido que o bufón de feira ou que o pallaso de rúa. Sen desmerecer eses clichés de malabaristas aos que pertencemos agora ou noutro tempo con honra e devoción, pretendemos agrandar o espectro artístico desta arte, con conceptos algo máis contemporáneos.

Elenco: Pablo Reboleiro, Aitor Garuz, Guillermo Porta Gómez, Santiago Montero, Nacho Muñoz

Galego

Dende o meu balcón

A riqueza do noso patrimonio musical galego e a posta en valor dos novos talentos que compoñen en base á tradición, son o fío conductor de “Dende o meu balcón”, o sexto disco de Susana Seivane que supón o retorno ao sustrato ancestral sobre o que Susana construiu a súa carreira. 

Galego

DeMente

Tras un minucioso traballo de investigación sobre as doenzas mentais, indagando sobre  o seu trato ao longo dos anos e a situación na actualidade nace a intención de darlle visibilidade ás doenzas máis marxinais na comunidade actual: as doenzas mentais.

Galego

De Ilusións Tamén Se Vive

Benvidos ao mundo dos soños feitos realidade!

Con todos vós, o outro lado do espello…

Coa batuta do humor, Alex Louzao dirixe esta orquesta de milagres imposibles.

Neste espectáculo cheo de interacción, o público vivirá experiencias mentais, musicais e cargadas de humor, facendo un percorrido polo mundo da Maxia e polo mundo do Circo, case case sen moverse do salón da súa casa. Este polifacético artista fará que o público se divirta e disfrute en gran cantidade gracias á mestura de emocións como o misterio e a intriga, xunto coa comicidade do ilusionista.

Galego

Guerra de Identidade

Elenco: Deborah Vukusic

Esta é a historia dunha filla e un pai. En todas as historias entre pais e fillas hai unha guerra (se non é sempre) máis ou menos metafórica. Neste caso esa guerra é real: a de Iugoslavia. Deu para facer un libro e da para unha peli de acción ou mesmo unha serie con varias tempadas pero imos a modo. Empezamos polo monólogo da filla.

Galego

Don Gaiferos

Obra teatral con actores, monicreques e músicos que a modo de opereta e partindo do romance popularizado por Don Faustino Santalicese incorporando cancións e músicas do folclore galego conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago que narra a viaxe do peregrino francés Gaiferos de Monmarltan ata a súa morte aos pes do santo na Catedral compostelá.

Galego

Bailar agora

Bailaríns: Marta Alonso Tejada e Sergio Perol

 

“Bailar es alcanzar la palabra que no existe, cantar una canción de mil generaciones. Sentir el significado de un momento” 

Beth Jones

 

BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara a un posicionamiento no Presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e cómo estamos a vivir o aquí  e o agora. A proposta sobre como facelo é clara: Bailando.  

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios