Involución
Elenco: Alfredo Pérez
De onde vimos? A onde imos? Por qué estamos aquí? Cómo a terra, algo tan insignificante na inmensidade do universo se converteu nun planeta cambiante, enxendrando no seu seno un fenómeno único, a diversidade da vida?
O circo, a danza e o teatro serán o lenzo para debuxar a historia da humanidade sobre o noso planeta, a sua violenta infancia no espazo, unha madurez viva e relativamente equilibrada, o seu porvir incerto. Tres actos dunha aventura axitada que podería transformarse en traxedia a menos que aprendamos a facernos cargo do seu destino.