Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O lobo e a lúa

O lobo e a lúa conta a historia dun lobo que chama pola lúa, ten que falar con ela, ten algo moi importante que dicirlle, pero a  lúa está moi alta e non lle escoita. Pequeno lobo fará o imposible para falar coa lúa.

O lobo e a lúa é un espectáculo tenro, acolledor e divertido, pensado para nenos/as a partir de 3 anos, cunha duración de 45 minutos.

O lobo e a lúa é Premio Barriga Verde.

Elenco: José M. Esperante e Cora Sayers

 

 

 

 

Galego

O libro da selva

Mowgli é curioso, desobediente, parvo e atrevido. Así como calquera mozo que
coñezas, sabes? Esta nova adaptación da historia de Rudyard Kipling fala sobre a estraña
historia dun neno perdido na selva india. Acabará sendo adoptado por Baloo o Oso, a pantera
Bagheera e todos os demais animais que chaman á misteriosa xungla fogar. Esta adaptación de
ritmo rápido manterache pegado ao bordo do asento mentres o mozo Mowgli atópase cara a
cara con monos folgazáns, voitres ruidosos e o seu inimigo mortal: o tigre, Shere Khan.

Galego

Non hai que ser unha casa para ter pantasmas

 Elenco: Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez.

Non é necesario ser unha Habitación –

         Pois o Cerebro ten Pasadizos – á marxe do

         Espazo Material –

 

         É máis seguro toparse a Medianoite

         Cun Espíritu de fóra,

         Que plantar cara ao que se leva dentro –

         Ese Xélido Hóspede.

 

         É máis seguro profanar as Lousas

         Ao percorrer unha Abadía –

         Que atoparse sen Armas a un mesmo –

         En Lugar solitario –

 

Galego

Uxia en concerto

Uxía, unha das maiores embaixadoras da música galega, presenta clásicos do seu repertorio arranxados especialmente para o formato trío, acompañada polo acordeonista João Gentil e o percusionista Quiné, dous dos mellores músicos da Península.

Galego

Nina Ninette

Elenco: Marta Alonso e Paula Quintas

Nina Ninette é un espectáculo de danza contemporánea para público infantil e familiar enmarcado na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer (Bauhaus, 1922) onde a figura dunha Cincenta (Nina) actual representa a nena oprimida que loita para transformar a súa realidade familiar, escolar, ... converténdose nunha heroina por méritos propios e sen necesidade de atopar un príncipe.

Galego

Superheroe

En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos.

Galego

A pelo

Moncho Borrajo presenta "Nada" " Nada " o é todo .... Un show con algúns dos mellores e máis coñecidos textos do artista galego sen política, e improvisacións e pensamentos acerca dos tempos que estamos a vivir.

Todo desde o punto de vista humorístico deste gran artista que cumpre este ano, 45 anos encima das táboas.

Galego

Mocos

Elenco: Cándido Pazó e Afonso Castro

Espectáculo unipersonal inspirado nunha imaxe da pandemia: uns nenos no recreo, illados en cadanseu cadrado no patio dunha escola. Que memoria gardarán diso cando crezan? E como un moco que se espalla, nace un fío de divertidas historias escolares vividas e lembradas polos adultos de hoxe e que, desde o humor e a emoción, xogan cos medos e esperanzas que herdamos e deixamos en herdanza.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios