Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Trogloditas

Actores manipuladores: Eduardo Rodríguez "Tatán", Miguel Borines e Andrés Giráldez

Tres trogloditas convídannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria: a cova, onde asistir a un cómico espectáculo cheo de humor e tolería. Da man dos Monicreques e das súas primitivas habilidades imos coñecer a singular forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos.

Unha sorprendente ambientación, a orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento.

Galego

Titiricircus

Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con monicreques de fíos as glorias do seu pasado na pista.

 

Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo....

 

 

 

Galego

TABÚ

Semellar sen imitar, figurar sen esquecer.

Escenario carnavalescos de vida, peso do parecer e implacable xuízo de aspectos. 

Que muller eras ti? 

Que muller es ti? 

A apariencia coma posibilidade de futuro.

Galego

Os nenos da varíola

Os nenos da Varíola é a adaptación á escena do libro de María Solar adicado aos 22 nenos, que en 1803 levaron no seu corpo a vacina da varíola do vello ao novo Mundo. Sempre brazo a brazo, sen romper a cadea, formando parte dunha das fazañas médicas máis grandes da humanidade.

Galego

O que hai que ver!

Elenco: Marcos Alonso / Suso Pando / Manuel Pombal

O que hai que ver!  é unha combinacion dalgúns do mellores sketchs da historia de Fulano, Mengano e Citano, con outros de nova creación aos que se lle engaden unha serie de cancións orixinais cargadas de ironía, que crean, en conxunto, un 'todo' variado, dinámico e sorprendente, seguindo a liña de humor que caracteriza á  compañía.

 

 

 

Galego

Nostálgica en concerto

NostálgicA é un grupo formado por Diego Piñeiro á guitarra e voz, Carla Romalde á voz, Luís Fernández á batería, pianista e Lupo ao bajo.

Esta banda foi formada en febreiro de 2020 na que versionan a todos os artistas que nos traen morriña  coa súa música. Algúns exemplos son Bonnie Tyler, Joaquín Sabina, Los Secretos, Jason Black, etc…

Galego

Feixes de iluxións

Espectáculo de maxia, humor, participación...e tamén, uns feixes de ilusións.

Unha morea de sorpresas, cachifallos e chilindradas nun espectáculo máis sorprendente que atopar unha máquina expendedora de chocos.

Trangalladas ben feitas, nun espectáculo dun ilusionista do montón...mais, do montón bó.

Galego

Extra!

EXTRA! é un espectáculo baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Chega o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos vós. En EXTRA! os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios