Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Novos Feitizos e Novas ilusións

Espectáculo de maxia, humor e participación cheo de intres fascinantes: ¿Como facer maxia nunha mudanza?, a verdade oculta do Principio de Acción e Reacción, o poder máxico da lectura, que haberá despois de "Luar",... son só algunhas das moitas aparicións de ilusións e humor deste espectáculo, con comicidade, fondo musical e participación do público....e as manipulacións de cartas, cordas, mentalismo etc., nun espectáculo que pretende concienciar ó público á devolución das esculturas a súa lugar de orixe, as rotondas e a implantación de máquinas expendedoras de empanadas.

Galego

Circo galaico

Manipulador: Borja Insua

Circo Galaico é un espectáculo de variedades conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo.

Un circo único onde a maxia e o fantástico se mestura co autóctono, onde os acróbatas e malabaristas serán animais da fauna galega coma o xabarín, o lobo ou a pita do monte.

Galego

Oh Olimpiadas!

Proposta fresca e divertida na que dúas limpiadoras ven como a súa rutina é retransmitida coma se dunha competición olímpica se tratara. A cotidianidade narrada coma se estivesen no Tour de Francia ou nos mundiais de natación sincronizada para construir un mundo absurdo e disparatado. O espectáculo conta, ademáis, coa voz en off de Julia Luna, comentarista habitual dos mundiais de natación e dos Xogos Olímpicos de TVE.

Galego

Queres que cho conte?

Por primeira vez en moito tempo os avós deciden ir pasar o Nadal á cidade e compartir uns días cos seus netos. Pero ao chegar atópanse cunha familia moi ocupada... Entre o traballo, as clases e as actividades extraescolares, os avós case non atopan ocasión para facer o que máis lles gusta: contar contos á súa familia. A través deste fío argumental, descubrimos oito contos da nosa tradición oral recollidos pola provincia de Lugo e protagonizados por animais, algunha que outra persoa e elementos como o vento, a auga e o lume.

Galego

Un belo día

Un belo día é un proxecto de vida construído por Doce Duca e Iris. Vida en forma de espectáculo. Doce Duca incorpora o malabar, a manipulación e os equilibrios de mazas cunha linguaxe corporal única e impactante, transmitindo emocións nunha peza que integra e intriga ao público de todas as idades.

Un belo día nace das entrañas e conecta co espectador de maneira primordial, pura e simple. Tras tres anos de traballo chegou o momento de liberalo nas rúas, os teatros, as prazas públicas, as salas e os xardíns. 

Galego

Circopeta

O entrañable  Ruliño (personaxe dá obra de Neira Vilas) móstranos ou mundo do  circo rural, na compañía dous intrépidos percusionistas de Odaiko. Un espectáculo que traslada ao público a outros tempos nos que ou rural galego víase impregnado pola maxia do  circo de cando en vez. Ou clown e vos gags  teatrais farán as delicias do público e arrincaranlle enormes gargalladas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios