Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago é a historia de Santiago e Mariña, dous irmáns que non xogan xuntos, pero que aprenderán a facelo.

Como cada noite, Santiago emprende o seu camiño acompañado de Branco, o seu cabalo inseparable. O que non espera é que hoxe se atopará no seu soño con Mariña e a súa gatiña Lupe. Vivirán aventuras e cantarán cancións para chegar ao Castelo Máxico (A Catedral de Santiago) para atopar o tesouro escondido.

Galego

O apalpador conta con vós

O Apalpador é unha persoaxe mítica da tradición galega que estivo a piques de desaparecer pero do que aínda quedan testemuñas na zona do Caurel e os Ancaras.

Neste espectáculo recibimos a súa visita para que nos conte quen é, cal é a súa orixe, a que se adica no seu día a día … e o que é máis importante que consellos temos que seguir para que cando nos visite nos deixe unha presada de castañas e algún dos agasallos que el mesmo constrúe. Unha persoaxe entrañable que nos fará pasar unha hora chea de maxia.

Galego

Ningures

Rita e Denis coñécense nas portas de Ningures. Levan moitos anos perseguindo este lugar. Imaxinaron e soñaron con esta ansiada meta en numerosas ocasións e preparáronse arreo para cando chegara o día. Cando por fin o conseguen atopan o que parece un obstáculo insuperable: tras esas portas aparentemente non hai nada. É no encontro inesperado, na convivencia, na sinceridade, no xogo, nas eivas ao descuberto, na superación dos medos, na amizade e na aprendizaxe onde atoparán o sentido de ter chegado tan lonxe. Conseguirán entrar?

Galego

Nina Ninette

Elenco: Marta Alonso e Paula Quintas

Nina Ninette é un espectáculo de danza contemporánea para público infantil e familiar enmarcado na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer (Bauhaus, 1922) onde a figura dunha Cincenta (Nina) actual representa a nena oprimida que loita para transformar a súa realidade familiar, escolar, ... converténdose nunha heroina por méritos propios e sen necesidade de atopar un príncipe.

Galego

Nevermore

Esta obra, unha coprodución de Chévere e o Centro Dramático para abrir a tempada do Teatro María Guerrero, usa a memoria dunha catástrofe ecolóxica (a do Prestige) como detonante para desenvolver unha narrativa escénica sobre o presente.

Galego

Es mi palabra contra la mía

Es mi palabra contra la mía é o novo espectáculo de humor de Luís Piedrahita. Nesta ocasión pregúntase por que ninguén está contento co que lle tocou. Luís olisquea a realidade cotiá con afán de porco trufero e saca a relucir os aspectos máis divertidos e absurdos do noso día a día. Tocará temas como  as cellas das señoras maiores, as mudanzas nos rañaceos ou o medo ao váter alleo.

Galego

Los pazos de Ulloa

No centenario da morte da escritora Emilio Pardo Bazán, Secuencia 3 presenta a adaptación teatral da súa novela "Os Pazos de Ulloa" asinada polo dramaturgo Eduardo Galán, baixo a dirección da unha das mellores directoras do noso país: Helena Pimenta e cunha repartición de luxo con Pere Ponce, Marcial Álvarez e Olivia Molina como cabezas de cartel.

Galego

Libre coma os paxaros

A base fundamental para a elaboración da posta en escena deste espectáculo son os textos de Rosalía de Castro -lieders, poemas, artigos, prólogos-,  engarzados con outros materiais que contextualizan e conforman unha vía pola que transitar o pensamento da nosa autora e o seu compromiso irrenunciable diante dos acontecementos e conflitos  protagonistas na sociedade do seu tempo, e que son sorprendente reflexo dos que hoxe nos acucian.

Galego

Leira

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios