Os Romeiros do caracol
San Andrés de Teixido é un dos santuarios máis importantes de Galicia pola súa riqueza ritual é folclórica e é por iso que lle prestaron atención moitos etnógrafos e estudosos recoñecidos como Xoana Torres, Fernández del Riego e o homenaxeado no 2019 co día das Letras Galegas Antonio Fraguas Fraguas. Na súa monumental obra Romarías e Santuarios de Galicia Fraguas dedica o capítulo máis extenso a describir, con pormenor, a peregrinación a Santo Andrés de Teixido: os ritos, as cancións, as lendas e o santuario.

