Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A gran viaxe

A capitana Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave a terra en busca do Ziscornio o elemento necesario para salvar o seu planeta que está sendo atacado por bechos malignos. Co elemento secreto no seu poder Centella e Potasio suben a súa nave espacial e despídense das boas xentes e dispóñense a despegar pero comezan os problemas!!! Rompe o vehículo, perden o mapa, chegan os malos e a cousa complícase…
Poderán Centella e Potasio regresar o seu planeta?? Conseguirán que as boas xentes da Terra os axuden? Pasen e vexan se estes intrépidos aventureiros dan conta do recado.

Galego

32 m2

Dirección

XAVIER CASTIÑEIRA + ESTHER F. CARRODEGUAS

Elenco

LAURA VILLAVERDE

XURXO CORTÁZAR

 

 

Xan e Mar fican confinados no seu pequeno apartamento por mor dun  virus. Estantes cheos de comida, cervexa e papel hixiénico. E todo parece un xogo. Quita o sofá para poñer a cama. Quita a cama para poñer a cea. Saca medio corpo polo ventanuco para pillar a wifi da veciñas… E escoitar, ás 20h, os aplausos nos balcóns de quen os ten.

Galego

Lambetadas

Un espectáculo destinado a público infantil para a transmisión da cultura galega.

Unha lambetada é un doce, algo saboroso, que se come por gusto.

Pero tamén é a acción de pasar a lingua buscando un efecto agradable.

Partindo da dobre acepción da palabra elaboraremos un doce e gorentoso espectáculo teatral, pasando a lingua a modiño, con deleite, sobre unhas historias que nos deixarán un doce sorriso nos beizos.

Elenco: María Ordóñez e Diego Rey

Galego

O premio

Elenco: Raquel Espada, Victoria Teijeiro e Xurxo Cortázar

O PREMIO é unha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fose tal, que se viron obrigadas a caer en O Premiocomo única fórmula de conseguir a felicidade.

O PREMIO é un reality en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: Morrer logrando a fama. Todo por un soño.

Tres finais posibles en función do desexo do público.

Galego

Ela

Ela é a nova proposta de Caramuxo Teatro para tódolos públicos. Recrea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruxa Mallo.

Unha mestura de poesía, humor,teatro e danza onde descubrir o imaxinario desa muller excepcional. Un poema plástico para gozar en familia.

Dirección: Juan Rodríguez e Laura Sarasola

Elenco: Juan Rodríguez, Laura Sarasola e Suso Jalda

Galego

Hell brothers

Rejhuz e Clakghs Setén son a filla e o fillo de Satán. O seu pai, farto de aguantar a estes dous completos inútiles malcriados e aspiran­do a ser emérito por fin, decide botalos do inferno para que aprendan a gañarse o mal por si mesmos. 

Galego

Sheila Patricia en concerto

Facendo unha simbiose co Camiño de Santiago, Sheila Patricia fai un percorrido por diferentes espazos máxicos galegos, así coma diferentes épocas da nosa terra, as profesións máis característica e ou papel dá muller na sociedade galega, especialmente rural.

Sheila Patricia, a voz da nova canción de autora en Galicia, integra os ritmos e sons máis actuais, coa música do acerbo cultural galego.

 

Galego

Un lugar chamado Mundo

Mariña é unha regueifeira e queda sen palabras...Nikolai sempre quixo ser músico pero tocoulle ser aviador...Xuntos farán unha viaxe polo mundo na procura de novas palabras para as súas regueifas porque o mundo ten moito que contar!!

Traballamos sobre a importancia das palabras e o idioma (Regueifa!!), a multiculturalidade, cuestións de xénero e o coidado do mundo, coa intención de xenerar curiosidade para que @s nen@s e as familias podan seguir investigando.

Elenco: María Angeles Iglesias (actriz), Tato López (músico) e Carlos Freire (músico)

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios