Un sibarita con varita
Héctor Sansegundo presenta "Un sibarita con varita"

Héctor Sansegundo presenta "Un sibarita con varita"
Elenco: Laura Míguez, Sheyla Fariña, Guillermo Carbajo e Fernando González.
Un espectáculo de palabras cruzadas
TRES VELLAS (polo menos)
The Witch é unha invocación aos elementos. Unha palabra máxica. Unha liberación. Un espectáculo ritual que convida ao público a vivilo.
Dentro, Ela-Actriz, Ela-Menciñeira e Ela-Witch entrelazan as súas historias a través da palabra, a imaxe e a acción para rematar nunha danza catárquica que as levará á fogueira (ou non). Pois as tres son unha. E unha son as tres.
A Inquisición observa, pero neste ritual, o público é soberano.
O ESPECTÁCULO
Elenco: Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo.
Luca ten 22 anos e enfróntase a un dos seus maiores medos: facer soa o Camiño de Santiago. No cuarto dun albergue, ten que compartir liteira con Santi. Esta situación, inicialmente desagradable, converterase nunha fantástica oportunidade para decatarse de que, uníndose, poden desafiar as bases sobre as que construíron os seus mundos.
The Show Moscón é un circo ambulante de varietés, presentado por un moscón gordo e rollizo. Un maravilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se encontran no seu interior.
Este espectáculo xunta a tres intrépidas intérpretes no escenario dispostas a compartir as súas historias, pensamentos, anécdotas e vivencias. O cine servirá de fío condutor a estas tres valentes mulleres para falar de temas tan dispares e disparatados como o amor, as drogas, o apóstolo Santiago, o vexetarianismo, a Costa da Morte ou as químicas.
Tres actrices supostamente serias que resultaron ser unhas paiasas.
Tres actrices que deron o salto a monologuista con un par...mellor dito, con tres pares.
SOGA E CINSA, tríptico renacentista para 11 bruxas en 101 minutos, aborda a Caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista.
Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as pócimas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen a escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinaxe de sombras espectrais que procura as luces da xustiza e do recoñecemento.
Elenco artístico:
SÓ é a traducción ao galego de solo. Esta palabra conecta na nosa cabeza coa tristeza, a morriña, o illamento ... pero SÓ é moito máis que iso. Ten moitas acepcións que hai que unir para entender o concepto deste espectáculo.
Un personaxe único na súa especie. Un personaxe obsesivo, cuadriculado, meticuloso e excéntrico rodeado dun sinfin de obxectos que se escapan ao seu control e cos que xoga para dar forma ao seu mundo.
Elenco: Mercedes Castro
"A terra non é miña, eu son da terra"
A partir do libro O home que plantaba árbores de Jean Giono.
Inspirado en acontecementos reais, Semente. O home que plantaba árbores é unha historia inesquecible sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo ao seu redor.
Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do lugar onde vive un lugar especial.