Comando Comadres
Comando comadres a través do humor e a creación escénica, ataca as fondas raíces do sistema heteropatriarcal explorando as moitas formas e manifestacións que adopta a violencia sexista, e cuestionando a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico.
O noso Comando establécese como un pequeno grupo de artivistas preparadas para as encomendas máis perigosas: levar a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión. É un Comando activo de estratexias irreverentes e impredecibles.

