Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Gran gala de circo de Pistacatro

A fórmula do Cabaré colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué.

Galego

The Piccole Theatre

Un pequeno teatro viaxa arredor do mundo dentro dunha caixiña de recordos. Un elenco formado por fabulosos artistas de rúa mostran os máis variados números: equilibrismos, maxia mentalista, malabares, música e como  non, os dous grandes paiasos Tontón e Totó Gluk. A maxia dos fíos destas marionetas liarán nunha viaxe fascinante ao público, que se converte en gran protagonista participando activamente durante todo o show. Un espectáculo moi divertido e participativo para tódolos públicos.

Galego

Novos Feitizos e Novas ilusións

Espectáculo de maxia, humor e participación cheo de intres fascinantes: ¿Como facer maxia nunha mudanza?, a verdade oculta do Principio de Acción e Reacción, o poder máxico da lectura, que haberá despois de "Luar",... son só algunhas das moitas aparicións de ilusións e humor deste espectáculo, con comicidade, fondo musical e participación do público....e as manipulacións de cartas, cordas, mentalismo etc., nun espectáculo que pretende concienciar ó público á devolución das esculturas a súa lugar de orixe, as rotondas e a implantación de máquinas expendedoras de empanadas.

Galego

Circo galaico

Manipulador: Borja Insua

Circo Galaico é un espectáculo de variedades conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo.

Un circo único onde a maxia e o fantástico se mestura co autóctono, onde os acróbatas e malabaristas serán animais da fauna galega coma o xabarín, o lobo ou a pita do monte.

Galego

Oh Olimpiadas!

Proposta fresca e divertida na que dúas limpiadoras ven como a súa rutina é retransmitida coma se dunha competición olímpica se tratara. A cotidianidade narrada coma se estivesen no Tour de Francia ou nos mundiais de natación sincronizada para construir un mundo absurdo e disparatado. O espectáculo conta, ademáis, coa voz en off de Julia Luna, comentarista habitual dos mundiais de natación e dos Xogos Olímpicos de TVE.

Galego

Queres que cho conte?

Por primeira vez en moito tempo os avós deciden ir pasar o Nadal á cidade e compartir uns días cos seus netos. Pero ao chegar atópanse cunha familia moi ocupada... Entre o traballo, as clases e as actividades extraescolares, os avós case non atopan ocasión para facer o que máis lles gusta: contar contos á súa familia. A través deste fío argumental, descubrimos oito contos da nosa tradición oral recollidos pola provincia de Lugo e protagonizados por animais, algunha que outra persoa e elementos como o vento, a auga e o lume.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios