Se fosen turista levarían gafas de sol
COMEDIA DE AUTOFICCIÓN DOCUMENTAL TRANSDISCIPLINAR E INTERXENERACIONAL PAR ESPECIES DE ESPACIOS E PÚBLICO CON OU SEN MEMORIA INTERPRETADA POR 6 OU MÁIS PERSOAS QUE PODEN NON SER ACTRICES OU ACTORES.

COMEDIA DE AUTOFICCIÓN DOCUMENTAL TRANSDISCIPLINAR E INTERXENERACIONAL PAR ESPECIES DE ESPACIOS E PÚBLICO CON OU SEN MEMORIA INTERPRETADA POR 6 OU MÁIS PERSOAS QUE PODEN NON SER ACTRICES OU ACTORES.
Por primeira vez en moito tempo os avós deciden ir pasar o Nadal á cidade e compartir uns días cos seus netos. Pero ao chegar atópanse cunha familia moi ocupada... Entre o traballo, as clases e as actividades extraescolares, os avós case non atopan ocasión para facer o que máis lles gusta: contar contos á súa familia. A través deste fío argumental, descubrimos oito contos da nosa tradición oral recollidos pola provincia de Lugo e protagonizados por animais, algunha que outra persoa e elementos como o vento, a auga e o lume.
Un belo día é un proxecto de vida construído por Doce Duca e Iris. Vida en forma de espectáculo. Doce Duca incorpora o malabar, a manipulación e os equilibrios de mazas cunha linguaxe corporal única e impactante, transmitindo emocións nunha peza que integra e intriga ao público de todas as idades.
Un belo día nace das entrañas e conecta co espectador de maneira primordial, pura e simple. Tras tres anos de traballo chegou o momento de liberalo nas rúas, os teatros, as prazas públicas, as salas e os xardíns.
O entrañable Ruliño (personaxe dá obra de Neira Vilas) móstranos ou mundo do circo rural, na compañía dous intrépidos percusionistas de Odaiko. Un espectáculo que traslada ao público a outros tempos nos que ou rural galego víase impregnado pola maxia do circo de cando en vez. Ou clown e vos gags teatrais farán as delicias do público e arrincaranlle enormes gargalladas.
Un espectáculo enfocado os mais pequenos da casa no que mediante fábulas, contos, maxia interactiva e sombras chinescas os nenos desfrutarán dunha experiencia inolvidable
Elenco: Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado.
Nun soño intranquilo polo exceso de tarta e os remorsos, o pequeno Nemo descobre que ao seu redor medra o lixo qwue conquista mares, terras e estrelas. Soños cheos de humor, de perigos, de sobresaltos, de monstros e de Aventura!
Espectáculo dirixido aos máis pequenos, combina distintas técnicas de manipulación (Varas, fíos, sombras e luva), Incídese no problema dos residuos e a necesidade de reciclar.
Un par de trapeiros chegan a unha parada no seu camiño despois de días de longa viaxe cara á Feira do Vento. Traen consigo unha carga enorme de todo tipo de obxectos estraños: cortinas rimbombantes, paus de todos os tamaños, bolsas das que despuntan teas dunha chea de tecidos e cores distintas, e algo que semella ser unha enorme e aparatosa mochila de madeira. Abraiados ante a abundancia de público, dispóñense a situar as súas pertenzas no espazo con ánimo de venderlle algunha aos alí reunidos.
"Memorias dun ser humano disperso", de Diego Freire é un espectáculo cómico-musical, un cabaré absurdo protagonizado por unha personaxe desubicada, disfuncional e un pouco esquizofrénica, que devecece por escapar dun mundo que non comprende e no que non é comprendido a un lugar moi lonxano no que todo será diferente. Existirá tal paraíso?
NIÑAS DE LA RISA. UN SHOW A COBRO REVERTIDO. Unha chamada a cobro revertido, a priori, non pinta ben. Nadie te chama a cobro revertido para darche unha boa nova! O máis probable é que esa chamada se faga dende a comisaría. Pero o que é seguro, é que che contarán algo que recordarás toda a túa vida! E se Triana e Sieira son as que chaman tés risa asegurada. NIÑAS DE LA RISA é o dúo cómico formado por Ángela Triana e Diana Sieira. DIANA SIEIRA é unha todoterreno que pasou polo teatro, o canto ou o cabaret. É actriz e productora dende 2005.
O espectáculo “As aventuras de Quebranoces” consiste na representación con teatro de monicreques dunha historia, de guión propio, baseada no conto “Quebranoces e o Rei do Ratos” (escrito por E. T. A. Hoffmann), mentres se interpreta en directo ao piano a música da Suite “O Quebranoces” de P. I. Tchaikovsky. Sinopse: O Nadal chegou a casa de Clara e o seu irmán con moitos agasallos, entre eles un fermoso boneco Quebranoces. Máxicamente esa misma noite o boneco transfórmase nun soldadiño valente que defende a Clara do malvado rei Rato e os seu compinches.