Le cirque
Este é o maior espectáculo de maxia cómica de tódolos tempos: Le Cirque, de François Lafayette. Un espectáculo inspirado tanto nas liñas de teatro clásico coma as correntes actuais, pero cun enfoque innovador e característico.

Este é o maior espectáculo de maxia cómica de tódolos tempos: Le Cirque, de François Lafayette. Un espectáculo inspirado tanto nas liñas de teatro clásico coma as correntes actuais, pero cun enfoque innovador e característico.
"Pavillón Lino" é a nova proposta escénica de Caramuxo teatro para toda a familia. Un espectáculo que nace para homenaxear o desaparecido Pavillón Lino da Coruña, espazo cultural de estética modernista adicado a todo tipo de actividades artísticas, teatro, cine, baile, monicreques, cómicos, autómatas...
Por Josito ou Moncho, os personaxes que interpreta en Padre Casares e Era visto! coñéceno en media Galicia.
Este lingüista metido a actor, mazaricano de trinta e oito anos, é xa un dos grandes da ficción no audiovisual galego.
Resoando no Pasado é uhna colección de instrumentos que Abraham Cupeiro mostra a través dun concerto-monólogo no que viaxa aopasado máis remoto da nosa especie a través dos sons dos instrumentos de vento. Este proxecto vio a luz no 2OO6 e dende entón máis de 4OOOO
persoas puideron desfrutar deste concerto. “Pedagóxico ,ameno, e sobre todo, cheo de emoción. Resoando no Pasado é un proxecto para todos os públicos”. “Unha forma de achegarse a outras épocas e culturas a través dos instrumentos”
Tras anos coincidindo e compartindo experiencias musiales, estes tres grandes músicos deciden iniciar o seu propio proxecto artístico, motivado pola súa recíproca admiración e amizade. Unidos ademais pola madeira dos seus instrumentos e cunha concepción musical común, funden conceptos diversos na súa viaxe musical: acústico, de raíz, improvisación, atemporal, aventura, surrealismo...
Elenco: Jonatan García, Rubén Mira
Este espectáculo conta os costumes ancestrais, a forma de vida dos indios americanos e os coñecementos adquiridos tras xeneracións, desde a visión de :todo o que non deberías facer se es un indio americano.
Un repaso á cultura das tribus de indios americanos, na que a nosa tribu dos “pesgrandes”, intenta non extinguirse e loitar contra o seu peor inimigo: eles mesmos!
Todo indica que o futuro da lingua galega é incerto. Malia os niveis de protección legal do idioma, e case dous séculos de rexurdimento civil e literario, o descenso de falantes é evidente, con grande incidencia nas novas xeracións de galegas e galegos. Pero alén e aquén das análises socio-lingüísticas, a lingua segue viva e reclama o seu lugar natural nas nosas vidas. Atravesada por conflitos de longa data e certamente mareada polos avatares da política, a lingua espera sempre por nós nalgún punto do camiño.
Elenco: Pedro Brandariz Gómez
Familia? Non grazas é un espectáculo no que o monologuista, Pedro Brandariz, analiza dunha maneira cómica as relacións familiares que se dan entre as fillas e fillos e as nais e os pais, e tamén coas avoas e avós, as irmáns, os curmáns, a familia de lonxe, a familia de cerca … Todo esto dende un punto de vista humorístico e teatral que provocará as gargalladas do público.
Elenco: Fernando Barado,
Nerea Martínez/ Natalia Garcia,
Itziar Fragua/ Ioar Fernández
Euria (Choiva) fala do que nos pasa cando algo ou alguén a quen quero xa non está. E de todo ese fastidioso tempo que necesitamos para entender e aceptar que algo cambiou.
Elenco: JOSE DIAZ; Hugo Torres e Marta Pazos. HEMOS VENIDO A DARLO TODO é o noso manifesto, o noso manual e o noso pacto coa experiencia escénica desde o brillo de todos os seus elementos: O movemento, a música e as imaxes.
Un compromiso co teatro que sente, máis que co que se pensa, para o que necesitamos todos os watts, todo o talento e toda a imaxinación do mundo. Queremos asinar co aquí e agora, co inesquecible e con todas esas cousas que o espectador non pode atopar en ningún sitio máis que nunha sala de teatro.