A lingua na boca
A Lingua na boca, letras riscos e pensamentos de CASTELAO é unha rompedora comedia musical sobre a figura do polifacético Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Un espectáculo áxil e divertido sobre o home, sobre o debuxante, sobre o médico, sobre o político, sobre o escritor. Un espectáculo sobre Galicia e a súa lingua a través dunha achega contemporánea á obra de Castelao.

