Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Procúrase Pepa a Loba

Elenco: Cristina Collazo

 PROCURA-SE PEPA A LOBA, POR TERRA E MAR

Ano 1890. Inauguración da taberna de Pepa a Loba. A súa gavela ó completo: Xan Quinto "o vello", Maninocente e Calamity Jane celebran este día tan esperado, mais... un cobizado tesouro se agocha moi perto e so ela sabe o segredo. Precisa da túa colaboración...ATRÉVESTE?

Trátase dun contacontos interactivo onde a danza e a música se funden coa natureza, poñendo en valor a a amizade e a perspectiva de xénero.

Galego

Arlequina

Intérpretes: Jorge Casas, Isabel Garcia, Borxa Insua, Marcelino de Santiago, Larraitz Urrozola e Ero Vázquez

Músicos: Joan Ibañez, Benjamin Iglesias, Alex Salgueiro, Antonio Suarez, David Villa

Sinopse:

Galego

Animal sagrado

Elenco:

Diana Mera

Jorge Gallardo

Sinopse:

Lembra que ti tamén tes alma de animal

A partires desta idea esencial, establécese un reencontro cos animais como seres vivos únicos, sabios e inocentes dos que temos moito que aprender de establecermos unha relación equilibrada e orgánica, afastada da consideración de obxectos da nosa propiedade.

Galego

Andrea Pousa en Trío

Hai un punto, arredor de certas músicas, onde todos nos sentimos limitados a hora de ter que etiquetalas, mesmo verbalizalas.

Ese é o mundo onde a voz emocionante de Andrea Pousa habita e dá forma, a través dun puñado de cancións diversas, picando aquí e alá: lirismo, tradición, vanguardía, popular… Todas elas cancións orixinais, excepto unha versión innovadora da coñecida “Negra Sombra” de Rosalía de Castro e Xoan Montes.

Cancións interpretadas en galego, castelán e portugués

Galego

Anatomía dunha serea

Elenco:

Iria Pinheiro

Sinopse:

Unha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o embarazo e o parto, narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico. Un relato construído mentres a ferida segue aberta, porque as secuelas aínda non foron reparadas e o seu testemuño terá toda a visceralidade propia dun caso aberto.

Galego

Sobre rodas!

Espectacular showman e monologuista que utiliza na súa posta en escea un toque salvaxe, enérxico e incluso algo macarra ao servizo da risa do público.

Hábil improvisador e cun repertorio no que toca todos os temas existentes, Pepo Suevos non deixa indiferente a ninguén nos seus espectáculos.

Os números en directo ou “corpo a corpo” son a súa especialidade, un formato co que xa leva dado case mil actuacións, polo que pode presumir de ser un dos artistas galegos máis curtidos e experimentados.

Galego

Alma (Non é hippie)

Elenco: Marta Alonso,  Raquel Oitavén,  Paula Quintas e Marçé Solé

ALMA (non é hippie), é o primeiro espectáculo de danza vertical de Galicia, unha produción do Colectivo Verticalia, ou o que é o mesmo, das compañias Duelirium e Traspediante, co apoio de Pistacatro.

ALMA (non é hippie) investiga nas diferentes percepcións sobre unha mesma realidade, os diferentes puntos de vista e, polo tanto, sobre o aparente e as apariencias desde a linguaxe da danza contemporánea, a verticalidade e o movemento.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios