Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Contos do recreo

Elenco: Sheyla Fariña, Guillermo Carbajo e Carlos Álvarez-Ossorio

Continuando a temática de acoso escolar iniciada con A nena que quería navegar, a compañía presenta esta historia inspirada libremente en Conto de Nadal, de Charles Dickens. Nesta ocasión a protagonista é Alicia, unha rapaza que goza facéndolle a vida imposible as súas compañeiras, e que se verá inmersa nunha aventura que a cambiará para sempre. 

Galego

Procedimientos ante el vacio

Procedimientos ante el vacío persegue a idea do irrepetible, do que acontece cada día na medida en que cada espazo e cada atención cambian o suceso. Persegue, en poucas palabras, substituír o intencional polo atencional. Un traballo interdisciplinar, xestado a partires da residencia de investigación e colaboración artística entre a compañía e a bailarina Mónica Valenciano (Premio Nacional de Danza 2012 na modalidade de Coreografía, outorgado polo Instituto Nacional das Artes e a Música. INAEM). 

Espectáculo seleccionado na modalidade de Danza no Programa Platea 2018.

Galego

Da avaricia, a luxuria e a morte

En Ligazón, a avaricia é un colar que enxoia o espertar do desexo erótico máis primario e animal, pero sobre todo é un inmenso e brutal berro de reafirmación da propiedade da muller sobre o seu propio corpo. A confabulación da Raposa e a Venteira non será quen de afogar a ansia de emancipación dunha moza cos seus obxectivos perfectamente trazados. A noite, a lúa, os cans, delinean un pacto de sangue que conducirá á morte, máis tamén á liberdade.

Galego

Fillos do sol

Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.

A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o bardo bergantiñán, xa octoxenario e consumido pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación e a criada nova da pensión na que está albergado.

Galego

Auga que non vas beber

Auga que non vas beber é un recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como A saia da Carolina, O sermón do padre Damián ou O cura está malo, entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica e que o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada.

Galego

Tras Tannhäuser

Tannhäuser foi un poeta alemán. Tannhäuser é unha ópera de Wagner. Tannhäuser será sempre a porta espacial que Rutger Hauer describía na fermosa escena final de Blade Runner.

Agora Tannhäuser convértese nun salón barroco onde tres mulleres comparten mesa e mantel. Unha cea de amigas aparentemente común que deriva nunha tempestade de tolería que pon patas arriba os seus apracibles mundos.

Galego

As vacacións máis longas

Igual que Allen soñaba con Rockland e cunha loga viaxe por mar ata a porta da súa casa de campo na noite de Occidente, eu soño con chegar despois dunha longa travesía ata esa paisaxe rochosa onde xa non soa máis que o zoar do vento. Un saco de ósos que vaga arrastrado coma un cadáver vivo e busca elevarse ata desaparecer, mesturándose co po e as estrelas. E así deixar de ser algo. E así ser felizmente parte de todo.

Galego

Commedia

Elenco: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Nuria Sanz, Sergio Zearreta, Avelino González e César Goldi

En 1993, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, estreábase Commedia, un juguete para Goldoni, un espectáculo que acabou sendo un dos fitos do teatro galego con máis de 200 funcións en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 25 anos despois, repetindo no posible o mesmo equipo creativo, revisítase aquela experiencia. 

Galego

Borja Quiza

Alma, corazón e vida son tres ingredientes esenciales para cantar ao amor. A alma como a sustancia sensitiva e intelectual, o corazón como o motor principal dos nosos sentimentos e a vida como a unión entre alma e corpo que permite dar forma física a toda a nosa creatividade emocional.

Estes tres elementos inspiraron Borja Quiza para crear esta selección de cancións de amor e desamor coñecidas por todos, pero versionándoas para adaptalas ao seu fantástico instrumento e a súa profunda interpretación musical.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios