Deshábitat
Deshábitat é o encontro de catro sobreviventes. Como facer habitable o inhóspito, como atopar harmonía no hostil. Catro personaxes en busca dun espazo vital.
Espectáculo xestual, cunha sorprendente escenografía viva e protagonista. Coreografías circenses falan a través da acrobacia e a danza, incorporando chiscadelas flamencas.
En definitiva, unha historia contada desde o movemento.
Este espectáculo de Vaivén Circo y Danza forma parte da programación da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

