Tripula
Sinopse: Unha viaxe estática dentro dun globo aerostático. Un espectáculo para navegar fóra do mundo, deixándose levar polo aire e a imaxinación. Dous científicos iluminados descubriron unha nova maneira de viaxar e preséntano a un grupo de pasaxeiros. Despois de moito traballo e esforzo atrévense a amosar a súa gran revolución nos medios de transportes: O globo estático.
Premio Feten 2016 ao mellor espectáculo para espazos non convencionais.

