Múltiple
MÚLTIPLE é o novo espectáculo de Antón Coucheiro, un solo de impro onde o protagonista se desdobran e dialoga cos seus alter egos. Somos só unha persoa, ou a nosa personalidade está habitada por múltiples personaxes?
A través dunha terapia de soños, e das propostas do público, iranse desfiando as historias improvisadas onde os espectadores descubrirán que nun só corpo caben millóns de universos.
Un espectáculo cómico, participativo, improvisado e con música en directo, que foi estreado en Bogotá en xuño do 2015 no marco do festival TIMBO.

