O aloumiño dunha estrela
Elenco: Marta Fajílde e Fran Martínez
Sinopse: Se estarricamos moito os brazos, moi lonxe, cara ao ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos... semella imposible, non si?
Nesta viaxe sensorial, co arrolo da música da arpa e seguindo os zapatiños vermellos, farase posible que as pequeniñas e os pequeniños se acheguen á bóveda celeste ao son da poesía.
Espectáculo dentro da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

