Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

María Fumaça

María Fumaça presenta novo traballo, Aire, un proxecto musical de celebración da vida. Os artistas convidan o público a viaxar canda eles no tren máis festeiro que nunca houbo nen haberá.. Nos seus vagóns, o ambiente é sempre de festa porque é unha viaxe entre amigas e amigos.

Deste xeito, fan que os asistentes leven con eles un saquiño cheo de bo humor, de cancións-lambetadas e ritmos-aloumiños, tamén auguiña fresca por se aperta a sede e unha boa dose de espíritu lúdico para viaxar a paso lento e sen destino certo.

Galego

Lydia Botana, De aquí para alá

A través da música contarase a historia dunha bolboreta que vai polo mundo na procura de algo que lle faga feliz ao seu novo amigo Gali, un neno que vive en África e está moi triste. As e os rapaces asistentes embarcaranse deste xeito nunha viaxe musical arredor do mundo pasando polo Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Os Estados Unidos, Galicia e outros lugares máxicos.

Cantarase co público os retrousos de melodía de variados xéneros musicais como a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska...

Galego

Jim e a Illa do Tesouro

Ficha artística:
Autoría: Jokin Oregi
Dirección: Álex Díaz Monsalve e Javi Tirado
Tradución: Sandra Romarís e Xocas López
Escenografía e monicreques: Javi Tirado
Iluminación: Anxo Graña
Son: Anxo Graña
Vestiario: Mari Seoane
Música: Santiago Ramos
Elenco: Rocío González e Toni Salgado
Voz en off: Alfonso Agra
Deseño Gráfico: Le Gráfica
Produción: Mercedes Castro

Galego

Odaiko

Divertida proposta didáctica dirixida a un público familiar no que a complicidade co público é a ferramenta para que o espectador disfrute dunha maxistral clase de enxeño.

Odaiko amosa instrumentos super novidosos e virtuosas composicións feitas por eles mesmos e que, xunto cunha sorprendente posta en escena e o humor retranqueiro, fan deste espectáculo outro éxito asegurado.

Actuación dentro da Rede galega de teatros e auditorios.

Galego

Foucellas

Autor e director: Cándido Pazó

Elenco:Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo

Foucellas. Da historia ao mito. Do mito á ficción teatral.

 

Galego

Ración de Breogán

Por Josito ou Moncho, os personaxes que interpreta en Padre Casares e Era visto! é coñécido en media Galicia.

Este lingüista metido a actor, mazaricano de trinta e oito anos, é xa un dos grandes da ficción no audiovisual galego.

Como humorista, Federico Pérez é autor do monólogo Ración de Breogán, onde interpreta a un sorprendente Breogán, que nun rexistro cómico conta como fundou Galicia.

Galego

Ensaio sobre a cegueira

Ficha artística:
Autoría: José Saramago
Dirección e dramaturxia: Ánxeles Cuña
Cinematografía: Jorge Coira, Gaspar Broullón
Escenografía: Suso Montero
Iluminación: Baltasar Patiño
Caracterización: Raquel Fidalgo
Vestiario: Fina Calleja
Espazo sonoro: Renata Coda Fons
Elenco: Vicente Montoto, Fina Calleja, Sabela Gago, Jorge Casas, Fernando Dacosta, Elena Seijo, Nate Borrajo, Josito Porto e Xavier Estévez

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios