Cervantina
Ron Lalá:

Ron Lalá:
O espectáculo desénvolvese no interior dunha caravana reconvertida nun teatro, pero non nun teatro calquera, probablemente, o máis pequeno do mundo!
Espectáculo de maxia dentro da programación da Rede galega de teatros e auditorios.
Texto de Diego Ameixeiras e dirección de Jorge Coira.
Elenco: Alfonso Agra, Mercedes Castro, Miguel Guido, Tamara Canosa e Federico Pérez
Dende que se coñeceron na gala de entrega de premios do III Festival Primavera de Cine en Vigo, os compoñentes do Trío Caspervek (Brais González, Blas Castañer e Eduard Vecbasticks) seguiron moi de preto a Nelson Quinteiro ata integrarse definitivamente entre os músicos dos directos do disco "Orquesta Gharbo!" que o cangués deu en ofrecer ao longo de diferentes puntos da xeografía galega.
Uxía lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil que nace no ano 2014 e está formada por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e eu cantando e animando! .
Ten o obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliños” a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito atractivo para eles, cambiando estilos musicáis, letras…, e temas propios sempre en galego.
Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentaneamente) a saia escocesa e póñense esmoquin para sachar como é debido.
E ata cociñan caldo en directo.
Literalmente.
O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente inxenios e artes para atopar o cóctel perfecto.
Desta volta viaxan a Broadway.
Cos sachos, claro.
E bailan (?) claqué e todo.
Animación incluída.
Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo.
Conta a historia de como As Maimiñas deciden ir unha tarde de paseo. Sen darse conta, seguindo unhas cunchas amarelas que atopan no camiño, andando, andando, andando, chegan a distintos países. En cada un deles amósanse cancións e danzas típicas (creadas por nós). Aproveitamos para “disfrazarnos” coa roupa ou complementos que caracterizan cada un dos países visitados.
Elenco artístico de Elefante Elegante:
Gonçalo Guerreiro e María Torres
Que aconteceria se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que se fai o espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan.
Espectáculo da Rede galega de teatros e auditorios dirixido a un público familiar e infantil a partir dos 3 anos.
Homenaxe ao trio vocal "Andrew Sisters".
Elas especializáronse sobre todo no swing, o boogie-woogie, e novos hits co seu selo
persoal: rápidas síncopas vocais.
Tamén fixeron grandes hits de jazz, baladas, folk, e música relixiosa.
Como naquela epoca, a través de temas como "In A Mellow Tone", "Lil' Darling", "Hit That Jive" etc., Gallaecia Big Band acompaña ao trío vocal feminino "The Lollipops", as cales harmonizan a tres voces calquera tipo de melodía.
O conto comeza cun lobo feroz, encerrado no zoo . Está triste e seu soño acaba por ser un pesadelo .
Rompe as barras da súa gaiola e pronto consegue escapar.
Elenco:
Sabela Amado Rojo
Plamev Dipchikov