Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Alma de tigre

Alma de Tigre é unha ensoñación revelada a partir da historia real de tres irmáns. A memoria, os afectos, a herdanza e os conflictos familiares dan corpo á nova creación orixinal de Elefante Elegante.

Alma de Tigre evoca a historia dunha familia pechada nunha casa ruinosa a través de cuxas fendas vanse filtrando os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada.

Á morte da nai, as dúas fillas reencóntranse na casa familiar para decidir a súa venda e qué facer coa herdanza. Mais a casa resístese a deixalas marchar.

Galego

Backstage

Un músico está a piques de dar un concerto en solitario. Antes de que chegue o público, prepárase entre bambolinas. Nada máis chegar, comezan os problemas: non atopa as cousas, perde as partituras, ponse nervioso... e todo porque o rexedor do espectáculo é todo un... pallaso.

Durante o transcurso da peza, a través do humor físico, a música e o xogo constante co espectador, veremos a parte máis divertida do que sucede antes de saír a escena. Porque, ás veces, o mellor dos espectáculos ocorre tras o pano.

Galego

Uxía Trío

"Uxía Trío" é un repertorio cheo de sabores e cores, luminoso e mestizo, froito do camiño nos seus máis de 35 anos de carreira nos que renovou a música tradicional conectándoa coas culturas atlánticas.
Ademais do seu trabalho, Uxía-o, dedicado ao poeta da montaña, Uxío Novoneyra, tamén se aproxima á música tradicional de Galiza e Portugal e a unha nova lectura da rica obra do Zeca Afonso, un exemplo e un modelo de como combinar as raíces e unha linguaxe propia.
O compromiso e a beleza, o lirismo e a realidade. 

Galego

Entrega en man

Na cotrosa habitación dun cutre hotel dunha pequena e anónima vila americana, un home maduro e excéntrico ofrece unha recompensa por recuperar a man que, nun acto de cruel e gratuíta violencia, lle cortaron 27 anos atrás e que, desde aquela, leva buscando sen descanso. Un xove negro e a súa fermosa e branca moza pretenden enganalo ofrecéndolle unha man que, loxicamente, non é a súa. O estraño recepcionista do hotel entremétese e pon en risco a insólita transacción.

Galego

O péndulo

O Péndulo é a nova montaxe de Inversa Teatro en coprodución co CDG, a MIT Ribadavia e a Area da Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Colabora o Concello da Cañiza, o Concello de Negreira e o Concello de Vigo.

Galego

La Isla del Aire

En Menorca, unha familia de cinco mulleres, guiadas polo vella Mencía (a matriarca da familia), penétranse nunha viaxe en barca a "La Isla del Aire". A desaparición de Helena, a neta maior de Mencía, está moi presente na mente da familia e, durante esta excursión, Mencía obrigará ás súas fillas e netas a enfrontarse á verdade e aos segredos que ocultan.

Galego

Berro

BERRO

É a liberdade de contar sen medo nin ataduras,deixando fluír a inocencia da natureza, a forza ineludible da expresión. A voz interior chama por manifestarse, voar, fóra de nós. É un fío condutor entre o noso interior e o exterior. Baleirarse polo Berro, seguindo pasos ancestrais que veñen sós porque os levamos dentro, dende a orixe. Non escoitar esta voz, non expresala é encerrar corpo e alma. Unha parálise existencial.

Galego

Historia dunha nena namorada do mar

Historia dunha nena namorada do mar é unha peza de teatro chea de tenrura e comicidade. Dirixida ao público familiar tanto para infancia como persoas adultas, 50 min para rir, cantar e chorar!!! Esta Historia fala dos soños, da vontade de ser e chegar a ser o que a nosa alma expresa, sobre todo para unha nena galega que nace e medra preto do mar, ela quere ser Mariñeira. Fala de empoderamento persoal como muller nunha profesión de homes, de aprender por sí mesma a nadar, a remar, a compartir o que ten, a namorarse coa xente do mar e a xerga do mar.

Galego

Lerele

Lerele é a historia dunha nena que sinte a súa vida transformarse cando ve na televisión a Lola Flores no programa de Fin de Ano de 1982. Os seus desexos e anhelos envoltos pola maxia e o poderío da “faraona” deciden o seu futuro como artista.

Despois, as casualidades e a familia farán que os camiños de ambas se crucen e confundan para atoparse neste espectáculo.

Lerele conta a conexión entre Lola Flores e Galicia, a través de Cesáreo González, o empresario vigués que a levou á fama. 

Galego

Ás para Álex

Álex é un neno coma calquera neno de 8 anos que lle encanta correr, xogar, quedar cos amigos/as, ir ó parque..., a súa paixón: o fútbol, pero un día Álex ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde, non camiña…e coma calquera neno, Álex enfádase, enfádase coa súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co fútbol, Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas, - por que a min?, por que non podo xogar?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios