Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

OhOlimpiadas!

Que pasaría se a nosa vida fose sincronizada como o Tour de Francia , ou como os saltos sincronizados…? E se nos comportásemos como cert@s deportistas na nosa rutina diaria? Este espectáculo baséase na cotiandade da vida retransmitida como un deporte en directo para crear un mundo rexido polo absurdo, onde o xesto deportivo e o mundo real mestúranse nunha quimera de disparate continuo. Estas situacións cobran vida grazas á combinación de técnicas como a danza e os portés acrobáticos.

Galego

KENNEBEC

En Kennebec reflectimos o noso sentir como artistas, mulleres e nais que vivimos no rural.

Trátase dun concerto experimental con música electrónica e textos poéticos.

 
Mónica de Nut e Iria Pinheiro unen as súas traxectorias artísticas para experimentar novas músicas

e formas inusuais de traballar a palabra.

INFLUENCIAS: Laurie Anderson, Björk.

ETIQUETAS: electrónica, experimental, vangarda,

improvisación, paisaxes sonoras, lírica.

Galego

Bagaxe

É un espectáculo de clown que quere emocionar aos espectadores, devolver as ganas de vivir e de xogar coma un cativo. Unha comedia xestual para todos os públicos, un espectáculo de humor branco que pretende facer chorar da risa e da emoción. Un sopro de aire fresco, un divertimento que non renuncia a tratar a través da risa temas máis controvertidos como son a precariedade laboral, o sentido da vida ou a inexorabilidade da morte.

Galego

Os contos do Lobicán

Os contos do Lobicán, é unha historia en verso, áxil e atrevida, destinada a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.

Galego

A Panadeira

Nun mundo distópico onde a tecnoloxía tomou o control e a maxia da comida caseira perdeuse, coñecemos a Clara, a última panadeira tradicional. O seu pan artesanal é o último vestixio de autenticidade nun mundo de alimentos procesados. Os nenos da aldea, intrigados pola súa misteriosa receita ancestral, axudaranlle a preservala dos plans dunha corporación que busca monopolizar a industria alimentaria. Xuntos, loitan por manter viva a tradición do pan caseiro e descobren que a verdadeira maxia está na conexión entre as persoas e a comida feita con amor.

Galego

BUDIÑO - NOVO DISCO - XIRA "BRANCA VELA" 2024

O oitavo disco do compositor galego conta cun espectáculo en directo exclusivo que combina o virtuosismo do músico, unha banda de novos talentos e algunhas das mellores voces deste país. Unha gran conxunción de música e baile, do tradicional coa vangarda. Branca Vela é a combinación de ritmos, sons, instrumentos e percusións tradicionais coa electrónica máis revolucionaria. É unha máxima que persegue Budiño dende os seus comezos. É o traballo de produción e composición máis complexo da súa carreira.

Galego

Mochila al pasado

Os creadores de MOCHILA Ao PASADO, o podcast de éxito de humor e historia, traen aos escenarios máis anécdotas históricas coa intención de sempre: que che descojones vivo cos absurdos máis estúpidos da humanidade. Se crees que es idiota, animarache saber que os antigos o foron moito máis.

Galego

CEIB3

Ceibe afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición e nas súas formas de operar nos diferentes ámbitos cotiás, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade.

Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos, impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes e, desde aí, formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento.

Galego

A Teteira de Kabul

A Teteira de Kabul é un espectáculo de monicreques dirixido ao público familiar baseado no conto homónimo de Carolina Pujados. A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Ela e a súa familia emprenden unha longa viaxe na que a pesar das duras condicións irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios