Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Eu, Fraude!

"Eu, Fraude" é o lugar de encontro entre a poesía, a canción e o escénico que nos impulsa, en forma de viaxe emocional e con visión positiva e esperanzadora, a liberarnos das caretas autoimpostas pola sociedade que nos separan de nós mesmas e das demáis. É, claramente, unha historia de amor propio.

Cancións, poemas e textos de composición orixinal conforman un espectáculo co que presentarse con frescura e singularidade dentro do sistema teatral galego.

Galego

O MUNDO ESTÁ ROTO PERO PÓDESE CAMIÑAR

Antes ou despois, unha brecha vital e emocional ábrese e imponse entre pais e fillos. No caso desta obra, a ausencia da nai desencadena unha fase que complica a comunicación entre un pai e a súa filla de dez anos. É entón cando o pai recurre á literatura para restablecer as pontes coa filla. O obxecto da obra é mostrar a biblioteca como unha sucesión de ventás abertas ao mundo. Máis alá dun mero contedor de libros, a biblioteca reivindícase como un espazo de gozo poderoso que ensancha a mirada e que nos axuda a coñecernos e a vivir mellor.

Galego

Mimesis

É o que  ves. Somos o que vemos. A tribo se reune para o ritual iniciático da vida. Como nun espello, moldeamos o reflexo daquilo que nos rodea reinterpretándoo para chegar a ser o que somos. Antes de Nada, Todo NON era.Mimesis constrúese ao redor da imitación como vía de relación co mundo que nos rodea, aprendemos porque repetimos aquilo que vemos. Formamos parte dunha comunidade e dunha contorna  natural que nos serven  de referencia para a cosntrución do que chegaremos a ser.

Galego

Mulleres que viven soas

Protagonizada por tres mulleres, as Tres Bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare. Tres bruxas que encarnan os males deste mundo que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas. #MQVS é espectáculo híbrido entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino interpretado por tres das contadoras de historias máis relevantes do país: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo.

Galego

Leticia Rey Dúo Xira LuX

Leticia Rey é unha das claras promesas da música galega, tras gañar o Premio Estudios Mans da Fundación Paideia decidiu apostar en firme pola súa carreira musical

Concerto de Leticia Rey xunto ao excepcional pionista Iago Mouriño presentando o disco LuX, grabado en directo, e temas inéditos e algunha versión.

Un concerto moi recomendable para ciclos de música intimista con unha voz que sorprende a calquera que a escoita por primeira vez.

Galego

ABRA DA CABRA

Esta é a viaxe iniciática dunha Cabra Montesa chegada ao mundo nun remoto e inhóspito lugar. Un día decide emprender unha longa viaxe na procura dunha vida máis próspera e amable, unha ousadía que tornará nunha Odisea digna de calquera heroína mitolóxica. 

A pesar de todos os malogrados intentos de convivencia pacífica coa raza humana, a protagonista non é quen de se entenderse coa nova veciñanza de dúas patas.

Galego

María Visitación Consolación Amadora

Esta peza pretende amosar a vida desas mulleres que, dentro do contexto complexo que lles tocou vivir, conseguiron ter certa autonomía e incluso chegar a gañar máis que os homes en anos nos que isto era inaudito: As costureiras. Cómo reaccionou a sociedade ante este feito? 

Poñemos o foco en diferentes costureiras da Comarca da Ulloa, abordando o cooperativismo e a soidade, a costura como traballo e/ou expresión artística, a memoria e  a industria téxtil… 

Galego

As formas do amor

Ela e el foron parella.
Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo o poñen patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno armar.
Logo de tanto tempo separados, talvez hoxe sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez.
Unha historia para saír do teatro con moi boa sensación no corpo, con gusto, alegría e esperanza. 

Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos “amor”.

Galego

Absurdia

Unha paisaxe desolada: podería ser un vertedoiro, unha fábrica abandonada, unha trincheira, unha vella estación. Ducias de cadeiras en montóns desordeados.

Tres personaxes abafados por completar unha tarefa que non comprenden e que nunca rematan. Falan, calan, discuten, retórcense, pelexan e danse apertas. Pasan da angustia á euforia cada pouco. Non saben por que están alí, nin o que lles espera. Parece que non poden marchar. Benvidos, isto é ABSURDIA.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios