Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A cincenta que non quería comer perdices

Promover a igualdade de xénero  e previr condutas de violencia machista.
Fomentar as relacións afectivas sas e responsables. 

Este conto podería comezar dicindo: "Unha vez había unha moza que non estaba soa e unhas perdices que voaban felices, pero non". Esta historia, escrita por Nunila López Salamero fálanos dunha nova perdida que pretende desmontar os falsos mitos ao redor do amor romántico, fálanos de tantas historias de princesas liberadas por príncipes azuis que, en demasiados casos saen ras. 

Galego

Guerra

A guerra é a espresión máis cruel do fracaso total, por eso nunca é unha solución, senón o máis grande dos erros.

Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada non mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer vos personaxes do Teatro Universal que nel foran representados ao longo do tempo e encarnados en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no Teatro Europeo, desde Shakespeare ata Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución.

Galego

Territórios de liberdade

O Proxecto Territorio de Liberdade é unha coprodución entre a Companhia Certa da Varazim Teatro, o Centro Dramático Galego e Tanxarina Títeres. Coa idea de celebrar os 50 anos da Revolución dos Caraveis en Portugal, e partindo da palabra liberdade, a través dunha serie de preguntas formuladas á comunidade en accións participativas e/ou de escoita, explorarase o concepto de liberdade para diferentes persoas. en diferentes tempos e diferentes territorios.

Galego

Hexagonum

Hexagonum - A cuadratura do círculo - é un espectáculo escénico de rúa de gran formato para Troula Animación que mistura o emprego da tecnoloxía, música e vídeo en directo, animación e danza. De caráter itinerante, Hexagonum recolle o universo simbólico e imaxinario do mundo das abellas para concienciar ás/aos espectadoras/es a través das Artes de Rúa sobre a problemática causada pola posible desaparición destes animais que implicaría a destrucción do noso planeta tal e como o coñecemos.

Galego

Madame Lumière

O atardecer, cos últimos raios de luz do día, entra no teatro. Entre a escuridade e as cores avermelladas, alaranxados e azuis, irán aparecendo, personaxes máxicos, grilos e melodías clásicas que darán a benvida á noite. As estrelas nos guiñarán o ollo e as luces cálidas dos fogares abriranse. Mentres tanto, os máis pequenos de casa, a ritmo dunha sutil melodía, pecharán os ollos entrando nun soño doce e profundo. É nese momento cando chega Madame Lumière.

Galego

Las bodas del Fígaro

Corre o ano 1962 en Las Palmas de Gran Canaria. O novo Capitán Xeral Don Pedro e a súa esposa María Luisa Fernández do Campo, a nova responsable da Sección Feminina, chegan a unha Canarias que deben manter baixo control #ante o fervente cristianismo e as normas da ditadura.

Mentres tanto, no recoñecido cabaré Fígaro están a piques de estrear o seu próximo espectáculo: A Voda; unha sátira mordaz contra o réxime franquista interpretada pola exitosa compañía Os Cancán.

Galego

Banzo

Os do fondo da barra nacen do grupo de cantareiros de Xacarandaina, asociación constituída no 1978 para a investigación do folclore galego, sempre procurando a maior pureza e semellanza coa realidade e pretendendo ser unha ferramenta de transmisión da arte popular de Galicia. Ben en solitario ou acompañando ao grupo de baile teñen percorrido gran parte da Península e participado en festivais no extranxeiro, acadando numerosos premios e recoñecementos por todo o mundo.

Galego

Multiperspectivas#3

Multipespectivas de Paula Quintas é unha proposta orixinal e novidosa que parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea. Combina improvisación teatral, danza e circo, deixando espazo para a interacción co público. Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas para enfrentarse coa realidade do espazo que nos rodea.

MULTIPERSPECTIVAS é un proxecto con diferentes fases. 

Multiperspectivas#1. Sen estruturas de funambulismo. Estrea Festival Escenas do Cambio. 2021

Galego

La Bruja Rechinadientes

Inspirada nos clásicos contos de bruxas e no folclore, esta produción da compañía Katua&Galea Teatro achégache a un mundo misterioso e cheo de perigos, no que tres valentes irmáns desatenden as advertencias da súa nai e penétranse nun bosque escuro onde descobren unha casa na que vive unha bruxa. Alí os tres protagonistas terán que enfrontarse aos seus medos para poder escapar

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios