Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Mal de tolos (Consolo de Moitos)

Os nosos dous diaños favoritos volven á carga!
Con máis tolemias, máis rock and roll, máis aparellos extraños e sempre buscando a risa suben de novo á terra para buscar almas.
Mal de parvos (Consolo de moitos) é a nova peza na que Cirkompacto atrévese a encarnarse en dous tolos diaños que farán cuestionarse ao público en que medida lles pertence a súa propia vida. 

Unha obra disparatada na que se entrelazan o clown, a danza e a acrobacia a traves do humor físico cun final sorprendente.

Galego

CAMINO AL ZOO

A pesar de ser parella, a vida cotiá de Peter e Ann está marcada pola incomunicación e a soidade. Rehuyendo o intento de Ann por afrontar a situación, Peter decide pasar o día no zoológico de Central Park. Alí coñecerá a Jerry, un excéntrico personaxe que lle obriga a escoitar as súas historias ata a última e máis horrible de todas: o motivo real da súa visita ao zoo.

Galego

Loba Branca

A música de Loba Branca está inspirada na música tradicional galega e noutras influencias tradicionais celtas, que se unen á linguaxe habitual da música de Brais González: ritmos complexos, texturas ambientais e fusión coas músicas de tradición oral e as músicas populares urbanas.

Galego

ENTRECAJAS

PREMIO FETEN 2024 MELLOR ESPECTÁCULO DE CLOWB - ESPECTÁCULO CELEBRACIÓN 45 ANOS TEATRO PARAÍSO

Entrecajas é un espectáculo que suxire que o mundo é unha gran caixa na que vivir grandes aventuras, como a escena foino para Teatro Paraíso durante os seus 45 anos de traxectoria. Este espectáculo convídanos a gozar do xogo, a superar as dificultades en compañía e a imaxinar que xunto a outros seres humanos é posible alcanzar calquera soño.

Galego

PROTO (SN1806)

PROTO (SN1806) toma como punto de partida o fenómeno das supernovas. E se nos xuntamos e deixámonos morrer e estourar e ver despois que outros imaxinarios aparecen? Interésannos e interpelan estas experiencias de calor, explosión, visibilidade das diferentes capas que nos compoñen, luminosidade, morte, enriquecemento do espazo e formación de novos sistemas. Como estourar xuntas e xerar novos escenarios máis colectivos, máis luminosos e menos catastróficos? Experimentar este “último hurra” xuntas e crear novas formas de estar en comunidade. Unha viaxe desde o terreal todo o máis astral.

Galego

Onde pousa a humidade

Un solo que afonda na espera e na relación do corpo co tempo pasado e presente. A inspiración vén dos naufraxios na Costa da Morte. “Unha homenaxe ás mulleres, as que sempre agardan a que o océano lles devolva, polo menos, os restos de ósos dos seus parentes. Mentres, o sal cuartea as mans que tecen, rede a rede, o que as mantén en terra".

Galego

Guadi Galego - Síntese Horizonte

"Será pola roibén que aínda me sinto a salvo" (Antía Otero)

Vou atravesando etapas, dando paso a novos horizontes, sen esquecer que a vida vivida existiu e persiste en min.

O meu son muda ao longo do traxecto ,como muda o concepto de horizonte ao longo da historia. 

O horizonte foi límite, equilibrio entre o aquí e o máis alá, realidade , ensoñación, espiritualidade, utopía…

Galego

O que hai que ver

O QUE HAI QUE VER, un espectaculo na liña da compañia que nos mostra unha serie de historias nas que o espectador se sente protagonista e participe directo. Todo contado cun humor rebordante que fai que a xente saia do teatro satisfeita, feliz e con ganas de voltar.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios