Millo verde
Intérpretes: Cris Vilariño, Diego Buceta, Rafael Mallo.
Dúo de danza con musica de percusión en directo. Unha obra sobre a importancia de volver á terra, de buscar o futuro no pasado.

Intérpretes: Cris Vilariño, Diego Buceta, Rafael Mallo.
Dúo de danza con musica de percusión en directo. Unha obra sobre a importancia de volver á terra, de buscar o futuro no pasado.
O grupo está liderado por *Xisco Feijóo (Composicións, arranxos, letras, gaita, percusións, voz e danza tradicionais galegas), aportando un repertorio de temas de orixe tradicional recuperado a través dun intenso traballo de campo de xa máis de trinta anos ao longo de toda a xeografía galega e con letras tiradas das antigas cantigas, ordenadas e aderezadas con novas creacións de autoría propia e cun marcado carácter galego.
Lulavai fan soar 4 arpas e 4 voces, interpretando sobre os escenarios temas de composición propia con inspiración na música traicional galega e noutras máis lonxanas. Interpretan tamén temas ao máis puro caracter tradicional, ou arranxos inspirados nas raíces da música galega. Composicións propias e delicados arranxos para o instrumento principal que é a arpa e as voces, e utilizando tamén outros instrumentos de percusión que aportan a variedade tímbrica e o son orixinal de Lulavai.
Cunha sinceridade crúa e o seu clásico humor irónico, Carrodeguas aborda neste texto de auto[NON]ficción a relación co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera recuncho desta apaixonante sociedade da fermosura. Porque por moito que te escondas, a gordofobia sempre está ao teu carón. Sobre todo porque está en ti.
Disculpa si te presento como que no te conozco, fálanos do outro, de nós, do eu no espello. A identidade como tema principal da obra. Como humanos utilizamos unha perspectiva externa para de unirnos. Usamos conceptos como alteridade e otredad, para discernir que nos une e que nos diferencia.
NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.
Moncho Borrajo presenta "50 1" Un show con algúns dos mellores e máis coñecidos textos do artista galego sen política, e improvisacións e pensamentos acerca dos tempos que estamos a vivir. Todo desde o punto de vista humorístico deste gran artista que cumpre este ano, 50+1 anos encima das táboas.
Trapalladas e sorpresas a dúo dende outra dimensión.A arte da transformación da realidade contada dun xeito visual moi especial: cachifallos e chilindradas máxicas, sumado a gargalladas de combustible, desembocan en 2 ilusionistas con moito aquel.
Espectáculo de maxia, humor e participación da concorrencia composto para ollar coas orellas moi abertas.
Por que a situación da lingua galega é a que é? Cales son os falsos tópicos máis comúns sobre ela? Que son a “diglosite” e a “castrapite”? De onde veñen os prexuízos sobre a lingua? A quen afectan? Teñen cura? Que remedios hai para tratalos? Cal é o futuro do galego?
“Falemos como galegas” é un espectáculo humorístico interactivo onde se abordan estas e outras moitas cuestións relativas á lingua galega a través de sketchs e cancións cómicas de autor.
Folk - tradicional