Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Veciños

Dúas portas enfrontadas, un novo veciño no edificio, moito por descubrir e moito por aprender. Quen será e de onde virá? Que valores aprenderás véndonos rir e bailar?

Galego

O punto impropio

Un corpo no esforzo de percibirse a si mesmo, que nos comparte as súas aproximacións, descubrimentos e revelacións. A entrada a un laboratorio no que a percepción se distorsiona e afínase á vez, propoñendo novas sensibilidades. Unha experiencia que cuestiona o eu percibido, a identidade construída en base a proxeccións comunmente asumidas. Un desprazamento cara a outras posibles versións: canto de nós énos alleo? que é o verdadeiramente propio e onde o atopamos?
 
[A/S/V] O punto impropio elabora movemento, son e imaxe en tempo real:

Galego

Un momento precioso

UN MOMENTO PRECIOSO evoca o imaxinario simbólico do xardín asociado á representación onírica do planeta terra como lugar de refuxio, descanso, pracer, armonía e equilíbrio.

Cando xurde nos soños, o xardín simboliza a prosperidade, a paz e a liberdade, pero UN MOMENTO PRECIOSO transita entre o soño e o pesadelo, o paraiso e o inferno, a luz e a sombra, a construcción e a catástrofe.

Galego

Desexo

Que é o que máis desexas nesta vida?

Queres fama? Diñeiro? Poder? Amor? Sexo?

Ata onde chegarías para conseguilo?

Amosarías detalles íntimos da túa vida?

Ensinarías o teu corpo por diñeiro?

Que farías para evitar que a túa parella te deixara?

E para conseguir seguidores?

Desexo é unha comedia na que seguiremos a varios personaxes a través das súas publicacións nas redes, vendo como van afrontando o seu día a día, as súas relacións, os seus desexos e os seus medos.

Galego

Agora é o tempo

Especialista nos Beatles,  Francisco Castro lanza o seu primeiro disco titulado AGORA É O TEMPO, no que recolle, dende moitas esferas musicais que van do rock ao funkie, o blues e a balada, as súas inquedanzas e propostas para, dende a música, entender a realidade e cambiala. Música para pensar, para soñar e para bailar.

Galego

ReVolta

ReVolta e unha revisión a historia da humanidade dende un punto de vista feminino en clave de comedia.

Elenco artístico:

Arantxa Treus

Rocío Romero

Álex Gayoso (Gayo)

Galego

Las Cotton

Deixando atrás os perigos do seu pobo natal a familia Cotton diríxese á cidade en busca de novas vidas e oportunidades. Entre os tellados e as luces da cidade, entre as teas, os fíos e as máquinas das fábricas, a nai e as súas dúas fillas vivirán novas aventuras e  perigos descoñecidos. Pero esta vez non están soas e lanzaranse con forza ao desexo de ser felices.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios