Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Boa sorte, mala fama

Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade.

Galego

Barquiño de pau

Canta, Buguina, canta! Soprando a nosa buguina, comezaremos a nosa viaxe nunBarquiño de Pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas

poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións de gaivotas e moverémonos coma nécoras. E incluso daremos unha volta baixo o mar.

Barquiño de Pau é un espectáculo de teatro de obxectos e música para a primeira infancia. Exploramos os sentidos dunha maneira amena, coa participación das crianzas, con diferentes texturas coma os módulos de papel estraza ou as esponxas

naturais.

Galego

Bailador

BAILADOR é un espectáculo de danza galega contemporanea baseado nas músicas de Berrogüetto. Trátase de unha obra coreográfica que, dende o movemento, rinde unha profunda homenaxe a unha música que non naceu para ser bailada, onde a danza de raiz galega mistúrase con outras linguaxes do movemento para darlle un sentido corporal á música dun grupo que transformou o xeito de entender a música da nosa terra.

Galego

Asfixia

Un esperpéntico pesadelo asalta a Ágata días antes do seu trinta e catro aniversario: un escuros seres de cabeza de porco e corpo humano axitan o seu soño e os cimentos da súa vida. Este pesadelo non é outra cousa que o resorte que desencadea unha crise existencial nesta muller afeita a cumprir as expectativas alleas.

Galego

As R(h)umorosas

As R(h)umorosas trátase dunha proposta teatral cómica onde 3 actrices poñen en valor, as grandes mulleres da historia galega, nun contexto fresco, orixinal, divertido e moi innovador.

Qué dirían María Pita, Rosalía de Castro ou Isabel Zendal se fosen cómicas hoxe en día? Isto é o que Ledicia Sola, Marta Doviro e Carmen Méndez se preguntaron como premisa para empezar a construír este espectáculo.

Galego

As damas de Ferrol

As damas de Ferrol é unha comedia circular, ou mellor, en espiral onde a realidade e a fantasía debátense por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan. Dúas mulleres incapacitadas... Pero non incapaces. Dúas mulleres que creron inxenuamente no destino que se esperaba de/para elas. Dúas mulleres absolutamente frustradas e culpabilizadas por non acadar un status social, económico e “romántico” que anhelaban e creron merecer, alomenos nalgún momento da súa vida.

Galego

Antón, un neno diferente

Espectáculo multidisciplinar de teatro de actores e monicreques en diversas técnicas (sombras, bunraku, bocones, obxectos…) dirixido a público familiar e infantil. Utilízanse recursos de iluminación, vídeo e música orixinal para recrear a xeografía e tradicións de Galicia.

Galego

ANÖA

Concepto e movemento: Elvi Balboa

Intérpretes: Marina Capel, Berta Pascual, Ioar Labat, Joan Ferré, Joan Aguilà e Lucía Bocanegra.

ANÖA é unha viaxe efímera e acumulativa onde involucrar o corpo para producir unha experiencia emocional e sensorial. Un acto de insistencia e resistencia, unha acumulación de enerxía para chegar a unha liberación catártica e emocional.

Esta viaxe contémplase como un ritual que ten a vontade de mostrar a máscara, a vulnerabilidade...5 corpos en movemento que anhelan chegar ao climax. 

Galego

Afectos

A compañía Kirenia Danza presenta Afectos, a terceira entrega da súa triloxía coreográfica Os vulnerables. Esta tríade de producións enfócase no impacto da pandemia da Covid-19 nas persoas migrantes e na súa rede de afectos. A compañía demostrou o seu compromiso con este tema ao longo de dúas producións previas: E-migrantas en 2020 e Primeiro a vida! no 2021, que abordaron a necesidade dun cambio no modelo actual de xestión das crises sociais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios