Los Remedios
Los Remedios é un barrio de Sevilla construído nos anos 50. Los Remedios é unha peza na que dous amigos da infancia xúntanse para tratar de entenderse a base de representarse; a eles mesmos, ás persoas que marcaron o seu desenvolvemento, ao contexto social que forxou a súa identidade. Los Remedios é unha viaxe ao que queda no propio corpo: os xestos, os tons, as posturas. É unha autoficción autodestructiva feita por dúas persoas desenraízadas que removen a terra buscando algo ao que agarrarse.

